O catedrático Ángel Carracedo indica que os investigadores deben formarse en protexer a propiedade intelectual dos seus descubrimentos e na explotación das patentes
Esta conferencia forma parte dunha serie que acontecerán coa finalidade de promover diferentes modelos de xestión empresarial
O pasado xoves 15, tivo lugar no edificio Feuga de Santiago unha conferencia de Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago, abordou os retos da transferencia do coñecemento da universidade ao mundo empresarial como director do Grupo de Medicina Xenómica da USC.
O profesor Carracedo recibiu en 2015 o Premio Directivo Global da Confederación Española de Directivos e Executivos. O Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago que dirixe está integrado por un equipo dunhas 150 persoas de nacionalidades moi diversas. O grupo é na actualidade líder mundial en xenética forense e de referencia en xenómica comparada e de poboacións. O catedrático relatou, dende a súa experiencia, as principais dificultades coas que se atopa a universidade á hora de transferir á empresa os resultados da investigación que se xera nos laboratorios.
En relación ao emprendemento, Carracedo sinala que “ás veces fallei e noutras ocasións tiven mais éxito, pero son vivencias das que sempre se aprende”. E opina que “os investigadores non están ben formados nestes ámbitos e, ao igual que fomentamos o interese pola investigación debemos facelo igualmente polo emprendemento. Aínda que tamén cómpre preguntarse se todo investigador ten que ser emprendedor e creo que non”. “No que si ten que estar ben formado un investigador é en protexer axeitadamente a propiedade intelectual dos seus descubrimentos. Ademais, unha vez protexida unha invención fallamos aínda moito na explotación das patentes e para isto hai que ter recursos e expertos. E neste aspecto cómpre achegar moito máis o ámbito académico e a industria” -salienta o catedrático-.
Carracedo explica que o Grupo de Medicina Xenómica depende de dous organismos: a Universidade de Santiago para todo o que ten que ver con xenética forense e servizos xenómicos de investigación; e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Sergas), onde se realizan servizos de xenómica clínica e investigación en xenómica de enfermidades. Ademais, vaise iniciar unha aventura conxunta co grupo Innopharma da USC, que lidera Mabel Loza, que se vai xestionar mediante unha Fundación sen ánimo de lucro na que participa a Universidade. “Os diferentes modelos de xestión teñen os seus pros e contras e problemas xurídico-administrativos diversos” -indica o profesor-.

También te puede interesar
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA
-
8M 2025 en Santiago de Compostela
-
Goretti Sanmartín será a primeira muller alcaldesa da capital de Galicia. A nova corporación de goberno de Santiago botará a andar o 18 de xuño.
-
Lo que no pensé que sería
-
Ay señor, señor…Tamames