Preocupación polas 175 persoas detidas arbitrariamente tras a interceptación por parte de Israel da Flotilla Global Sumud que se dirixía a Gaza

A tripulación da flotilla Global Sumud no asalto pola armada Israelí

Ante a detención arbitraria de parte da tripulación da Flotilla Global Sumud que se dirixía a Gaza con axuda médica e subministros, Amnistía Internacional mostra a súa preocupación. As derradeiras noticias falan de que a interceptación levada a cabo polas forzas israelís ascenden a unhas 175 persoas, incluindo 7 activistas galegas. A organización define este acto como indignante, xa que se produce en augas fóra da súa xurisdición e se vén a sumar aos xa documentados casos de malos tratos e abusos contra activistas, despois de que a anterior Fotilla Global Sumud fora tamén interceptada en outubro de 2025. Estes ataques incluiran privación do soño, negativa a proporcionarlles auga potable e atención médica. En Italia, a Fiscalía de Roma está a investigar actualmente estes abusos contra 36 activistas italianos, incluídas as denuncias de tortura e outros malos tratos.

A pesar do chamado cesamento do fogo en Gaza do 9 de outubro de 2025, Israel só permitiu que cheguen subministracións extremadamente limitadas a unha poboación cuxa gran maioría foi desprazada pola forza e vive en condicións de extrema privación e no medio dunha devastación total, aglomerada en apenas o 40% da Franxa de Gaza, mentres que o exército israelí converteu a maior parte desta zona do territorio ocupado nunha zona prohibida e mortal para os palestinos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.