O premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2022 foi otorgado á xornalista da Radio Galega, Nuria López Prol, por unha serie de Podcasts sobre a repercusión da Guerra en Ucraína; 35 capítulos publicados na Radio Galega entre o 9 de maio e o 24 de xuño de 2022. Ademais de nas plataformas iVoox e Spotify.
Por outra banda, nesta edición se lles otorga unha mención de mérito aos xornalistas Miguel Rodríguez Fernández e Duarte Romero Varela, polo traballo «Cooperativas de vivenda en cesión de uso: unha alternativa para un fogar asequible?», publicado en Té con gotas o 12 de xaneiro de 2022
O PREMIO E O ACCÉSIT
A entrega do Premio, dotado con 1.000€ e unha peza conmemorativa, e o accésit, consistente nun agasallo especial, terán lugar nun acto público na cidade de Santiago de Compostela o vindeiro mes de Nadal.