Pedagoxía de xénero coas «Fillas Bravas»

As Fillas Bravas
Patricia de Lorenzo (Isaura), Mónica García (Dosinda) e Arantza Villar (Benedicta) en «Fillas Bravas».
Estas si que son
bravas de verdade
non che hai mellor
para governar
para governar
e saber querer
non che hai mellor
que unha muller
Risas, moitas risas foron as que se escoitaron na tarde do domingo 26 de outubro no centro sociocultural de Pontevea, concello de Teo. O motivo: Fillas Bravas, último espectáculo da compañía Chévere, que para esta obra conta enriba das táboas só co seu sector feminino. Nela, Isaura (Patricia de Lorenzo), Dosinda (Mónica García) e Benedicta (Arantza Villar), tres anciás cunha mentalidade aberta e progresista, reivindican o papel da muller na sociedade tradicional galega, alonxándose dos estereotipos de xénero que adoitan debuxar ás mulleres como vítimas ou o sexo feble. A través das súas conversas e das cancións populares, que gardaron a análise sociolóxica dun tempo, os espectadores imos percorrendo temas tan importantes para o feminismo como son a sexualidade nas mulleres ou a violencia machista. As tres actrices fixeron coas súas caracterizacións, e dende logo, coas súas actuacións musicais, acompañadas das pandeiretas e as culleres, un tempo de lecer agradable e educativo para os que alí estivemos, e do teatro, puro compromiso político.

 

Foto: Daisy Yang

 

Un comentario sobre «Pedagoxía de xénero coas «Fillas Bravas»»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.