As gañadoras e gañadores dos Premios Teatro en Galicia no centenario do nacemento de María Casares

‘Cigarreiras’, de Contraproducións e Teatre Romea, faise con tres premios (espectáculo, dirección para Cándido Pazó e escenografía para Dani Trillo), mentres que ‘Hugo’, de Os Náufragos Teatro, acada o premio na categoría de espectáculo infantil

 ‘Terceiro acto’, do CDG, leva dous galardóns (actriz protagonista para Belén Constenla e actor protagonista para Eduardo R. Cunha ‘Tatán’), igual que ‘Othello’, de Voadora (iluminación para Nuno Meira e vestiario para Silvia Delagneau) e Comando Comadres, de Matrioshka Teatro (actriz secundaria para Anabell Gago e maquillaxe)

Carlos Álvarez-Ossorio dirixiu a gala que nesta edición centrouse na figura de María Casares, actriz da que se conmemora o seu centenario neste 2022. O director,  Álvarez-Ossorio contou cun elenco integramente feminino  para darlle voz ás palabras desta indigne actriz nada na Coruña en 1922. Baixo a interpretación das actrices: Sheyla Fariña, Marián Bañobre, Marta Pérez, Mónica de Nut, Nerea Brey e Rosa Puga Davila  deron vida a fragmentos das súas memorias.

A música correu a cargo do Proxecto X (banda conformada por Diego Silva, Paco Charlín, Virxilio da Silva e De Nut) mentres que Violeta Martínez Rivera encargouse do deseño de luces e da escenografía e, Marián Bañobre do vestiario. 

o Premio de Honra Marisa Soto, recoñeceu a título póstumo a figura de Lino Braxe. A vicepresidenta da AAAG, Luma Gómez, encargouse de entregarlle á irmá de Braxe, María Braxe, a distinción cun sentido descurso no que celebrou a vida do polifacético artista. “Lino Braxe era un artista polifacético, un todoterreo cun xenio creativo que non parou de espallarse. O seu era un big bang de creatividade que non se acovardaba e que sempre atopaba unha causa na que militar”, explicou Luma Gómez antes de recoñecer que sen Braxe, os Premios María Casares “non serían e de ser serían outra cousa”, xa que sen o seu empeño, “María Casares non tería cedido o seu nome”.

Nove espectáculos gañaron algún premio. Cigarreiras, de Contraproducións e Teatre Romea, acadou tres galardóns: ao mellor espectáculo, á dirección Cándido Pazó e á escenografía Dani Trillo. Hugo, de Os Náufragos Teatro, recibiu o premio ao mellor espectáculo infantil. A obra teatral, Terceiro Acto, do Centro Dramático Galego, conseguiu dous galardóns: actriz e actor protagonista: Belén ConstenlaEduard R. Cunha Tatán. Acadaron tamén dous premios as pezas Comando Comadres, de Matrioshka Teatro, que foi para Anabell Gago e maquillaxe para LaPelu F. Silva e, por outra banda, a obra de teatro Othello, de Voadora que gañou pola iluminación na persoa de Nuno Meira e vestiario que recaeu en Silvia Delagneau

A lúa vai encuberta, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, logrou o premio á adaptación-tradución para Vanesa Sotelo. O premio do texto orixinal recaeu na obra A parábola do angazo, de Talía Teatro, cuxa autoría comparten Marta Lado, Araceli Gonda, Jose Prieto, Trillo, Séchu Sende e Diego Rey. A cazola de Lola, de Tanxarina, consiguiu o galardón á música orixinal baixo a autoría de Ailén Kendelman.  e Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro, que obtivo o premio de actor secundario na persoa de Fernando da Costa, quen este ano leu e pechou a gala co seu Manifesto Galego do Día do Teatro.

 Gañadores/ divididos por espectáculos son:

1. Cigarreiras, de Contraproducións e Teatre Romea (3 premios): espectáculo, dirección e escenografía.

2. Terceiro acto, do Centro Dramático Galego (2 Premios): actriz protagonista e actor protagonista.

3. Othello, de Voadora, (2 premios): vestiario e iluminación

4. Comando Comadres, de Matrioshka Teatro (2 Premio): actriz secundaria e maquillaxe

5. Hugo, de Os Náufragos Teatro (1 premio): espectáculo infantil

6. A lúa vai encuberta, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante (1 Premio): adaptación-tradución. 

7. A cazola de Lola, de Tanxarina (1 premio): música orixinal

8. Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro (1 premio): actor secundario

9. A parábola do angazo, de Talía Teatro (1 premio): espectáculo infantil

 

 Gañadores/as por categoría:

MAQUILLAXE: LaPelu F. Silva, por Comando Comadres, de Matrioshka

VESTIARIO: Silvia Delagneau, por Othello, de Voadora. 

ILUMINACIÓN: Nuno Meira, por Othello, de Voadora. 

ESCENOGRAFÍA: Dani Trillo, por  Cigarreiras de Contraproducións e Teatre Romea

MÚSICA:  Ailén Kendelman, por A cazola de Lola, de Tanxarina. 

ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Vanesa Sotelo por A lúa vai encuberta, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante. 

TEXTO ORIXINAL:  Marta Lado, Araceli Gonda, Artur Trillo, Diego Rey, Séchu Sende e Jose Prieto, por A parábola do angazo, de Talía Teatro

ACTOR PROTAGONISTA: Eduardo R. Cunha Tatán por Terceiro Acto, do CDG

ACTRIZ PROTAGONISTA: Belén Constenla, por Terceiro Acto, do CDG

ACTRIZ SECUNDARIA:  Anabell Gago, por Comando Comadres, de Matrioshka Teatro

ACTOR SECUNDARIO: Fernando Dacosta, por Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro. 

DIRECCIÓN: Cándido Pazó por  Cigarreiras de Contraproducións e Teatre Romea

ESPECTÁCULO INFANTIL: Hugo, de Os Náufragos Teatro 

ESPECTÁCULO: Cigarreiras, de Contraproducións e Teatre Romea

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.