Médicos da Atención Primaria con representación da Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol decidiron depois dunha xuntanza o pasado luns, día 4, no Colexio Médico de Santiago de Compostela, que a partir de agora vanse chamar Coordinadora Galega de Atención Primaria. Asemade comunican que van solicitar negociar coa administración para esixir un novo plan de mellora da Atención Primaria tendo presente que hai puntos irrenunciables:
1. Aumento de persoal: convocatoria inmediata de todas as prazas vacantes.
2. Contratos estables e dignos para @s profesionais en precario.
3. Negociación directa da administración c@s representantes dos PACs e valoración xa, dos 13 puntos da sua taboa reivindicativa.
4. Eliminación das EOXI. Creación da Xerencia de Atención Primaria en pé de igualdade ca Xerencia Hospitalaria. Aumento de orzamentos en Atención Primaria.
7. Realizar canto antes unha xuntanza cos Sindicatos, Colexios Profesionais, cas Sociedades Científicas e cos diferentes colectivos profesionais. Logo amplialo aos demais estamentos do Sistema Sanitario e non Sanitario.
Nesta xuntanza tamén decidiron, como medidas a máis longo prazo:
– Concentracións de batas brancas ante Sanidade.
– Folga Xeral no horizonte máis próximo, coordinad@s cos Sindicatos.
– Non realizar os Obxetivos en cada Servizo Sanitario por parte d@s Xef@s de Servizo.
– Que estas medidas sexan negociadas nos Centros de Saúde e PACs por todo o persoal, sanitario e non sanitario.
Ao tempo apoian a Manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o 10 de febreiro do 2019, ás 12 h. dende a Alameda de Compostela ata a Quintana.
Actualización: 30 de xaneiro de 2019
Os colectivos da sanidade volven a sair á rúa o 10 de febreiro e publican a acta conxunta
A Plataforma SOS Sanidade Pública expón a situación dos profesionais nestes intres de precaridade e a loita para recuperar a asistencia que un día tivo a Sanidade como piar básico da sociedade.
Reivindicando a través destas claves:
«@s profesionais sanitarios, iniciamos PAROS DE 5 MINUTOS, as 12h e as 18 h. TODOS OS DÍAS DA SEMÁN, ESIXINDO UNHA SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE.
Rexeitamos as enormes demoras nas listas de agarda das consultas hospitalarias, intervencións cirúrxicas ou exploracións complementarias.
Rexeitamos as intervencións cirúrxicas en centros privados: OS PACIENTES DA SANIDADE PÚBLICA DEBEN SER ATENDIDOS NOS HOSPITAIS PÚBLICOS.
Queremos que @s profesionais sanitarios, dispoñan de tempo suficiente para atender a cada paciente.
Queremos que @s profesionais sanitarios dispoñan de tempo e recursos para a súa formación permanente.
Os Centros de Saúde deben dispoñer do material requerido para poder prestar unha boa atención aos pacientes.
Queremos evitar o desmantelamento do SISTEMA SANITARIO PÚBLICO a o que estamos asistindo.»
Datas nos que manterán un paro de 5 minutos por estas diferentes causas:
Luns: paros de 5 min. en Ourense e Ferrol. |Martes: Paros de 5 min. en Lugo. | Mércores: Paros de 5 min. en A Coruña. |
Xoves: Paros de 5 min. en Vigo e Pontevedra. |Venres: Paros de 5 min. en Santiago.
A acta da Plataforma SOS Sanidade Pública no día 8, acordaron conxuntamente, os presentes: ás Plataformas de Compostela, Coruña, Barbanza, Pontevedra e Vigo. Sindicatos: UXT, CIG, CCOO. Partidos: Esquerda Unida, BNG, grupo parlamentario En Marea. Movemento Galego de Saúde Mental, Asociación Pacientes Oncolóxicos, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.
Fan un frente para convocar unha Manifestación de todas as Plataformas o 10 de febreiro en Compostela. Un acto no que se volverá a recoller as reivindicacións comúns en defensa da AP, os servizos de urxencias e contra os recortes, o desmantelamento e a privatización da sanidade pública.
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, quere aglutinar tódalas iniciativas tendentes a evitar o deterioro acrecentado do Sistema Sanitario galego.
Táboa de reivindicacións da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia:
1. Derogación inmediata da Modificación da Lei Galega de Saúde que eliminou as Áreas Sanitarias.
2.Derogación inmediata da Lei de creación das EOXIs e a creación inmediata das Xerencias de Atención Primaria, en pe de igualdade e con orzamento propio. Incorporación de todalas categorías: médicos, enfermeiras, fisioterapeutas, traballadores sociais, etc.)
3. Dotar de autonomía os Centros de Saúde, con capacidade de xestión propia das axendas e as sustitucións.
4. Eliminación dos contratos en precario dos substitutos, dándolles estabilidade e salario dignos. Dereitos como os demáis profesionais sanitarios. Carreira Profesional. Xestión de subilacións.
5. Que os Centros de Saúde teñan capacidade para solicitar probas diagnósticas, cos medios materiais, necesarios para atender correctamente a prevención da enfermidade, a propia enfermidade, a pluripatoloxía, e a cronicidade da poboación.
6. Convocatoria inmediata de TODALAS prazas de profesionais que fan falta, para cubrir as necesidades dunha Sanidade Pública en perigo. Convocar prazas de Docencia e Investigación.
7. Eliminación da burocracia inútil nas consultas de Atención Primaria.
8. Aumento das prazas de MIR de forma inmediata, e adaptalas as necesidades reais da Sanidade Pública.
9. Mellora das condicións laborais dos Puntos de Atecnión continuada. Negaciación con eles xá.
10. Mellora das condicións laborais dos Servizos de Urxencias Hospitalarios con xuntanzas cos interesados.
A Plataforma SOS Sanidade Pública considera de Nuñez Feijoo e o Conselleiro de Sanidade Almuíña están fóra da realidade co novo contrato para estabilizar ao persoal facultativo. O contrato, que pretende respostar a mobilizacións sanitarias de Atención Primaria:
– Obriga a gardas e atención ordinaria sen límites
– Non fixa número de centros a atender (o ámbito é o distrito)
– Non establece as horas complementarias van ter que facer
Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.