O Semanal. Á Beira do Sarela

Sábado, 10 de febreiro

***Data de inicio do Entroido.  Fai clic sobre a túa preferencia: Fotos & vídeo

Venres,  9 de febreiro 

*** A Xunta de Goberno local aproba o proxecto de acondicionamento da praza de acceso ao campo de fútbol de Santa Isabel.  Trátase dunha actuación que completa as que se van acometer nas instalacións deportivas para mellorar o seu céspede e a súa accesibilidade. As obras custarán 72.000 euros. 

Co fin de solucionar as deficiencias dos accesos dende a rúa de Tras Santa Isabel, un espazo duns 700 metros cadrados que presenta problemas de accesibilidade, carece de sinalización e ten o pavimento en mal estado. O orzamento da actuación é de 72.000 euros, IVE incluído, e o prazo de execución será de dous meses +Info

***O goberno local tamén acordou solicitar a construcción dun fogar social que permaneza aberto as 24 horas a falta dun centro destas características. A iniciativa estaría financiada con fondos europeos no marco da EDUS. O proxecto está orzado nO xornal Correo Gallego acusaba ao  goberno local, neste día, de vender a pel do oso antes de cazaloun millón de euros e se estima que estaría rematado en 2020

***A Área de Rehabilitación Integral de Vite (Ari de Vite) culmina a súa fase final coa aprobación este venres por parte do goberno local  das dúas derradeiras rúas pendientes de arraxar: Blanco Amor e Otero Pedrayo

Mércores, 7 de febreiro

***O funcionariado dos xulgados de Galicia iniciaba unha folga indefinida despois de tres meses sen chegar a acordo co goberno da Xunda de Galicia. + Info

***O Consorcio de Santiago anunciaba o peche temporal da Casa do Cabildo, situada na Praza das Praterías, por mor dunha avería técnica.  Esperan que moi pronto poida reabrir a súas portas co problema xa solventado. Lembremos que neste días tamén había unha exposición retrospectiva; Parafernalia do escultor César Lombera, autor das estatuas das Marías e do Valle-Inclán da Alameda compostelá.

***O xornal Correo Gallego acusaba ao  goberno local, neste día, de vender a pel do oso antes de cazalo facendo alusión ao arranxo das rúas Castrón Douro e Patio de madres +Info

Luns, 5 de febreiro

***O pasado luns un forte olor a gas producía certa alarma entre veciños e viandantes que fixo que os bombeiros se personasen na Porta Faxeira. Neste lugar se estaban a facer arranxos de acometidas na vía. Ante o temor e en prevención de que puidera haber algún percance os profesionais supervisaron e refrescaron o lugar. Axiña se detectou a procedencia da fuga, pois o conducto PVC estaba furado. Ca localización do problema a solución foi repoñer o tramo do tubo  e solventando o incidente.

***O Concello de Santiago activaba esta noite un dispositivo especial de seguridade, ante a previsión de baixas temperaturas e a posibilidade de que a neve chegarae ao termo municipal. Para afrontar calquera eventual incidencia, reforzouse o servizo da Policía Local, os Bombeiros e Protección Civil a partir das dez da noite. +Info 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.