Chove, vai frío, pero elas e eles están acampados na Rúa do Vilar para tentar facer pensar aos que teñen o poder da decisión.
A ONG Médicos Sin Fronteras pon en vilo aos mozos e mozas en precario
Hoxe á tarde Médicos Sin Fronteras terá enriba da mesa un novo convenio que difilcutará, aínda máis, as condicións de traballo dun feixe de mozas e mozos que se dedican á captación de socios para esta ONG. Xente nova que non atoparon outra vía laboral nestes tempos tan noxentos. Un contrato a fin de obra cun raquítico soldo base que engordan, cando hai sorte, pola comisión dun novo asociado/a. Estes días vemos a un puñado deles, acampados nunha coñecida rúa do casco antigo de Compostela. Temerosos de perder o único traballo que encontran, queren facer pública a súa indignación ante a firma dese novo convenio que lles marcará o incremento obligatorio dun alto número de asociados(captacións) para manterse no posto. Esto, consideran vai facer imposible que poidan chegar aos obxetivos que lles marcan, e como consecuencia haberá despidos por incumplemento das novas bases laborais.
Ao século XXI igual lle viña ben facer conciencia. E a estas ONG lembrarlles os fundamentos da súa razón de ser, e polo tanto, o papel co que naceron e polo que teñen un lugar no seno da sociedade. Facer enmenda, e ser coherentes sempre está ben. Os principios das organizacións nunca deben esquecerse: Misión, Visión e Valores.
Sin estar ao marxen dos tempos que nos toca vivir, todo non pode ser un mercantileo…E, en todo caso, se polo camiño fumos perdendo o argumento da nosa existencia, máis vale recoñecelo e facer públicos os novos obxetivos, ou deixar que esa imaxe morra repudiada.
También te puede interesar
-
Goretti Sanmartín será a primeira muller alcaldesa da capital de Galicia. A nova corporación de goberno de Santiago botará a andar o 18 de xuño.
-
Entrega de premios da 4ª Edición do concurso Fotografías pola Igualdade, organizado pola Federación de ANPAS Compostela
-
Revisión dos tempos nos semáforos de rúas principais en Santiago
-
SOS Sanidade Pública presentou a Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento Galego