O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Convocado polo Ateneo de Santiago, xa ten gañadores. O fallo do xurado tivo lugar na sede do Ateneo de Santiago, a partir da recepción de nove traballos presentados por diversos centros educativos galegos e os premios entregaranse nun acto que se celebrará o próximo 2 de abril ás 19h na Rúa do Vilar, 19. O certame, enmarcado dentro da IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), busca fomentar a creación audiovisual no ámbito educativo, promovendo a reflexión sobre a cidadanía e a educación a través do cine.

O xurado do premio estivo formado por Miguel Zabalza, Director de Cineduca e Profesor emérito da USC; Francisco Candela, presidente do Ateneo de Santiago; José Manuel González Herrán, Vicepresidente do Ateneo de Santiago e Profesor emérito da USC; Blanca Río, Profesora do IES Rosalía de Castro; Fernando Redondo, Profesor de Didáctica das Ciencias Sociais da USC; María del Carmen Montero Chacón, exdirectora do CEIP López Ferreiro; e Antón Porteiro, Directivo do Ateneo de Santiago.

O primeiro premio foi para a curtametraxe «Soños para levar. Unha historia chea de historias», do CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera, de Ponteareas, baixo a titorización do profesor Santiago López Groba. A peza foi realizada por todo o alumnado do centro, dende educación infantil ata primaria, e narra os soños dun neno apaixonado pola historia, que o levan a viaxar a través das distintas épocas da humanidade.

Pola súa banda, o segundo premio recaeu en «65 toneladas», do IES Poeta Añón de Outes, unha curtametraxe documental sobre a contaminación mariña e o traballo das mariscadoras da Confraría de Pescadores de Noia, titorizada polas profesoras María Xosé Alfonso Torres e María del Carmen Pérez Fernández e desenvolta por alumnado de 4º da ESO.

Ademais, o xurado concedeu unha mención especial ao traballo «El número 23», do IES A Pinguela, de Monforte, destacando a súa calidade fotográfica, aínda que non acadou a duración mínima establecida nas bases, que era de entre 10 e 20 minutos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.