O Centro Dramático Galego estrea Neorretranca e Posmorriña mañá xoves

Este martes presentouse a nova produción propia do Centro Dramática Galega. Dúas pezas: Neorretranca e Posmorriña de Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte  e que terán a función de estrea mañá xoves ás 21:00 horas no Salón teatro
Haberá funcións do 12 de abril ao 5 de maio: de xoves a sábado, ás 20.30 h, e os domingos, ás 18.00
Os autores foron elexidos entre os participantes de Dramaturxente (xornadas de traballo no eido da creación literaria para o teatro). Unhas sesións que terán continuedade no tempo e que tivo a súa inspiración na actual directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia, quen puxo en práctica esta iniciativa para dar oportunidade a novas corrientes de autoras e autores, segundo manifestou onte na presentación. O programa de apoio á dramaturxia galega contemporánea que leva por nome Draturxente e tivo a súa primeira edición en xaneiro de 2018.
 
Os dous autores escollidos nesta volta foron Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte. Esther F. Carrodeguas con referencia a súa peza fala da liberdade e que algo ten que ver cosa música. É, añadeu, que é una obra que a define como autora. Ao tempo recoñeceu a aposta que nunca se diera con autores vivos e novos. Por outra banda, dixo que son pezas interconectadas. Roi Vidal Ponte, dixo que: «Meu texto e unha proposta sincera e que ten moito de min. É unha homenaje a meu pai (Roberto Vidal Bolaño) e o teatro galego». As pezas foron traballadas baixo a dirección de Gena Baamonde; quen amosou a súa ledicia, igual que Fefa Noia, na idea de que os autores estivesen presentes e non mortos. Unha das razóns que manifestou foi que deste xeito poida coñecer a súa opinión sobre o seu traballo de dirección.
 
O elenco está conformado por 10 mulleres. Todas elas están ledas do ben que foi o proceso de creación e a liberdade que lles foi permitida. Unhas actrices que se amosaron ilusionadas con esta nova proposta do CDG: Ánxela Blanco /Areta Bolado /Olga Cameselle/Mercedes Castro/Raquel Espada /Anabell Gago/Atenea García/Andrea Quintana/María Roja/Laura Villaverde.
Equipo artístico: Escenografía: Marta Pazos / Vestiario: Saturna /Caracterización: Esther Quintas /Iluminación: Wilma Moutinho /Música orixinal e adestramento vocal: Ailén Kendelman. Coas cancións: Himno de Galicia; Letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga; Café Bar Sovia e Let´s go little horse de Fanfarria Taquikardia; e La Guillotina de Reveriano Soutullo e Juan Vert, interpretada pola Banda de Música Xuvenil de Xinzo baixo a dirección de Juan Carlos Díaz Álvarez /Coreografía e movemento escénico: María Cabeza de Vaca /Asesoría lingüística: Rosa Moledo /Asesoría de maxia: Mago Teto /Asistencia de escenografía: Carmen Triñanes/Asistencia de música: María Alonso /Asistencia de dirección: Iria Azevedo /Asistencia de produción: Hugo Torres.
Paco Macías, de edicións Positivas, tamén quixo presentar o libro sobre a obra, que con 400 exemplares colmou de ledicia aos representantes institucionais pois  non é frecuente que a peza teatral se presente coa publicación xa preparada para a súa distribución.

Encontros co público: xoves ao finalizar a función

Domingos de conciliación: 14,21 e 28 de abril e 5 de maio (taller gratuíto para nenas e nenos mentres os seus maiores van ao teatro)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.