A Mesa pola normalización lingüística participa na Asamblea Xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas
Debaterase sobre o camiño a seguir a nivel europeo no impulso ás linguas minorizadas
Reuniranse máis de cen organizacións de defensa das súas lingua propias
Marcos Maceira
Barcelona será a sede da Asemblea Xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) o próximo 5 de novembro. Reuniranse máis dun centenar de organizacións que loitan para promover, protexer e normalizar as linguas minorizadas.
Neste encontro, A Mesa participará como membro da Rede Europea e será representada polo seu presidente Marcos Maceira e polo secretario de Relacións Internacionais Paulo Filgueiras. A travésacción internacional da Mesa e da súa participación en ELEN, a entidade en defensa do galego presentou recentemente un informe sobre a situación do galego no Parlamento Europeo e no Comité de Dereitos Humanos das Nacións Unidas.
No encontro, os participantes compartirán as accións que fan nos seus países e así elaborarán estratexias para o desenvolvemento pleno das linguas non oficias na UE xa que, na actualidade, 50 millóns de cidadáns europeos posúen unha lingua propia que non está caracterizada como oficial. A Mesa pola normalización Lingüística tratará a defensa do galego a nivel internacional. Os participantes na Asemblea Xeral de ELEN serán recibidos hoxe sexta feira (venres) día 4, ás 17h. no Palau da Generalitat polo Presidente do Goberno catalán Carles Puigdemont A presidenta do Parlamento de Cataluña, Carme Forcadell, presidirá este sábado a apertura da reunión e acollerá os participantes presentes nun encontro que será pechado polo Conselleiro de asuntos exteriores, Raül Romeva. A Asemblea será coordinada por Davy thHicks, Secretario Xeral da organización, que sinalou que na xuntanza “falaremos sobre as novas recomendacións de ELEN á Unión Europea para revitalizar e normalizar as nosas linguas, así como os casos de discriminación lingüística en tribunais internacionais e o novo protocolo de Donostia para a garantía de dereitos lingüísticos”. ELEN é a organización europea de referencia na defensa das linguas minorizadas.
A Asemblea escollerá novo Comité de Dirección no que A Mesa propón ao seu presidente Marcos Maceira, para ocupar unha vicepresidencia. A Asemblea Xeral de ELEN será acollidano CampNou polo FC Barcelona que xunto coa Plataforma per la Llengua celebra os cen anos do primeiro documento en catalán publicado polo clube deportivo.
Lugo é a cidade escollida para o encontro anual maís relevante da psicoloxía galega vinculada á saúde. As xornadas, organizada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia darán comenzo o xoves 19…
Tres manifestacións percorreron as rúas compostelás no día adicado ao movemento obreiro para mirar e chequear o traballo hoxe A CIG convoca unha folga xeral para o 19 de xuño…
Neste triste acontecer do século XXI tamén temos que ver como o coñecemento se convirte en mercaduría. Non é xusto nin xustificable. Moi americano aquilo de “Por se a…