Os decanos das cinco facultades galegas de Economía e Administración de Empresas apoian as reclamacións da Asociación Galega de Ensinantes de Economía de Secundaria (AGAEDES).
Nas tres universidades públicas galegas preocupa que a falta de competencias e coñecementos previos vai dificultar a adaptación do novo alumnado que ingrese nas facultades.
Advirten os decanos que o borrador do Decreto para a currículo de ESO e bacharelato en Galicia reduce contidos de formación económica, empresarial, financeira e de emprendemento. Ademais na proposta da consellería non se propón a posibilidade de materias optativas que corrixan en parte a situación.
Tamén indican que a redución de contidos relacionados coa economía e a empresa vai en contra das recomendacións da OCDE e a UE sobre educación financeira e para o fomento do emprendemento.
Os decanos apoian a proposta que presentou AGAEDES á Consellería de Educación con materias optativas para ofertar ao alumnado.
About The Author
También te puede interesar
-
A manifestación pola Sanidade Pública en Compostela
-
O rexeitamento a ALTRI convoca na Pobra do Caramiñal unha manifestación interxenerecional multitudinaria
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA
-
8M 2025 en Santiago de Compostela
-
1º Maio 2024 en Santiago de Compostela