O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ataca a través das redes ao actor Fernando Dacosta

A AAAG manifesta o seu total apoio a Fernando Dacosta e Sarabela Teatro fronte aos ataques sufridos contra a súa dignidade por parte de Democracia Ourensana e o alcalde de Ourense.

 

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG),  denuncia os ataques que Democracia Ourensana está levando a cabo, a través das súas contas en redes sociais, sobre o actor  Fernando Dacosta.  O colectivo manefesta o seu apoio ao socio Fernando Dacosta e fai unha chamada a Gonzalo Pérez Jácome que está a potenciar este feito nun sin sentido dalguen que ostenta o goberno da cidade e da que é máximo representante.

Nestas publicacións en redes, Gonzalo Pérez Jácome, verte unhas graves e inxustificadas acusacións contra Fernando Dacosta dañando a súa dignidade persoal e profesional. O actor ten avalada por anos de traballo a prol da cultura, tanto da cidade de Ourense como das artes escénicas de Galicia.

A AAAG entende estas novas declaracións de Democracia Ourensana, e do alcalde Gonzalo Pérez Jácome, como un paso máis na estratexia de acoso e derriba do tecido cultural da terceira cidade de Galicia. Unha campaña de descalificación contra todos os axentes culturais que teñen manifestado a súa oposición á política cultural, ou á ausencia dela, da que fai gala o actual alcalde.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.