A voz feminina resonou nas rúas de Santiago de Compostela despois dun ano onde a pandemia impideu sair á convocatoria xa consolidada. Este 2021 as rúas volveron sentir o berro dunha sociedade que ten que mudar estruturas para que a muller teña dereitos plenos en igualdade.
O 25 de Novembro foi declarado Día Internacional contra a Violencia de Xénero polas Nacións Unidas en 1999. A data escollida fai homenaxe ás tres irmáns Mirabal ( Patricia, Minerva e María Teresa) asasinadas en 1960 na República Dominicana por loitar contra a tiranía do goberno do dictador Rafael Leónidas Trujillo.
Cada 25 de Novembro lembramos que as mulleres son vítimas da violencia aprendida dunha sociedade tradicionalmente machista e patriarcal. O 25N quere rachar cuns patróns de conducta violenta que privilexia ao sexo másculino sobre o das mulleres e que tenta supeditalas por unha cuestión de sexo.
Este día de reivindicación chama á sororidade entre as mulleres do mundo, e tamén de homes, que entenden que estas estruturas non teñen razón de ser. O progreso dunha sociedade xusta e atopar o espazo de igualdade que nos corresponde a todas como persoas.
Este día de carácter oficial solicita tamén impulso ás políticas dos gobernos das diferentes administracións, más alá de saír nas fotos, para que sexan quen de encamiñar, defender e protexer nunha acción conxunta de políticas de integración para a plena igualdade. Os datos indican que cada vez que hai unha crise se incrementan o número de agresións que sofren as mulleres. Elas son o eslabón máis débil da cadea.
¡Parar a violencia de xénero é unha cuestión de todas e todos!