“Non confío na xustiza deste país”

ruas

 Xulio Vicente González, Portavoz da Plataforma de afectados polas Preferentes de O Rosal

P: Como chegou a facerse coas participacións preferentes?

R: Realmente non cheguei a facerme con participacións preferentes, senón que me chegaron a facer coas preferentes. Pois eu,  o que lle dixen ao director da sucursal bancaria, é que quería ter os meus aforros nun depósito a prazo fixo, con total dispoñibilidade e risco cero.

P: Cree que se aproveitaron da confianza depositada na entidade bancaria para venderlle estas participacións?

R: Totalmente. Non hai nada de máis valor para os bancos que a confianza dos clientes, que agora están a perder.

P: Que lles levou a agruparse na plataforma de afectados?

R: A necesidade de recuperar os nosos aforros  levounos a agruparnos.

Con esta plataforma levamos, mediante a presión na rúa, a nosa problemática ante a opinión pública. Queremos acadar unha solución política  que non é outra que a devolución ao 100% dos nosos aforros.

P: Vostede foi persoalmente atacado nos medios de comunicación polo Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzan. Que ten que dicir ante esta actitude?

R: É una actitude nefasta e precaria de argumento. Claramente  deixase ver, como un representante político que perde os papeis ante á sociedade, e, en lugar de situarse do lado dos afectados para así traballar nunha solución política, decide estragar o tempo con acusacións falsas sobre a miña persoa.

P: O Valedor do Pobo ven de animar á fiscalía a levar por vía penal a colocación de preferentes. Cree que iniciativas coma esta axudarán ás súas reivindicacións?

R: Evidentemente considero que o Fiscal Xeral de Galiza está a facer un traballo impecable pero, por desgraza, eu non confío na xustiza deste país pois de ser así, non desestimarían a súa demanda.

P: Os inversores de preferentes pagan quitas de ata un 70% namentres os conselleiros das caixas se xubilan con indemnizacións astronómicas. É este o mundo ao revés?

R: Que os inversores de preferentes paguen quitas dun 70%, iso a min  non me preocupa, preocúpame que o teñamos que facer os aforradores. Pero volto a dicir, o roubo, eu non lle chamo quita, pois claramente é un roubo do 100% xa que o restante o canxean por “papeis”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.