Colexio de Xornalistas.17/11/2021.- Mohammad Ali Hoseini, xornalista afgán refuxiado en Galicia, denunciou hoxe no Almorzo On/Off organizado no Liceo de Ourense polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) o carácter «terrorista e extremista» do réxime taliban e fixo un chamamento a que as distintas potencias non recoñezan o seu goberno. «Moitos xornalistas afgáns, antigos soldados do goberno e activistas da sociedade civil están hoxe en risco», asegurou.
Tras pedir un minuto de silencio pola xente do seu país «que está vivindo o terror e a pobreza», o xornalista afgán Mohammad Ali Hoseini comezou a súa intervención nos Almorzos On/Off destacando que «como reporteiro, adoito contar o que din os outros, pero hoxe quero falar eu un pouco». Deste xeito, trazou o relato da súa vida, desde o seu nacemento no exilio iraniano até o regreso en 2002 a un Afganistán golpeado pola guerra, onde «estabamos combatendo a corrupción do goberno e o terrorismo», pero onde tamén «queriamos estudar para construír o futuro do noso país». Esas esperanzas víronse truncadas por unha violencia que Hoseini exemplificou lembrando unha serie de explosións e…Seguir lendo