O actor Miguel de Lira (Miguel Domingo García), que debe o seu nome artístico a súa orixe na parroquia de Santa María de Lira, no concello de Carnota, é o novo Premio Cinema Galego do FICBUEU 2022. O galardoado, coñecido pola súa ampla traxectoria en cinema, televisión e teatro recibirá este galardón.
Miguel de Lira dispón dunha longa carreira no mundo da interpretación, tanto no cinema coma no teatro ou na televisión con éxitos de taquilla e de pantalla. Ten participado en series como Mareas Vivas, Pepe o inglés, Los hombres de Paco ou Matadero, e en filmes como Entre bateas, Crebinsky ou Eroski Paraíso, este último título da peza teatral coa súa compañía de teatro Chévere, da que é un dos seus fundadores. Unha compañía que ten recollido varios merecementos.
¡Noraboa ao actor galego!
About The Author
También te puede interesar
-
‘Antes de nós’, o filme sobre Castelao, chegará ás salas de cine o 23 de maio
-
O espíritu universal que viveu na Casa da Tumbona
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA
-
Lo que no pensé que sería
-
Investigadores premiados pola contribución dos seus proxectos