Santiago de Compostela vivirá mañá, 19 de xuño, un Maratón de Jazz Galego con motivo da final do «Ciclo Jazz 1906». O escenario escollido será a Praza da Quintana.

* 12 grupos actuarán durante * 12 horas a partir das * 12 da mañá, e a entrada é gratis
12 formacións galegas de jazz achegarán á rúa propostas musicais. 12 horas para compartir e gozar coa xente da música en directo. As formacións actuarán nesta orde:
12:00: Ton Risco Trío
Ton Risco: vibráfono
Alex Salgueiro: órgano
Naima Acuña: batería
Vellos coñecidos do jazz galego reunidos para esta formación a finais de 2013. Cómo xuntar órgano e vibráfono nun repertorio metade propio, metade de standards.
13:30: Machín Not Workin’ Properly
Elena Vázquez: violín
Manu Paino: trompeta
Fernando Abreu: clarinete
Saúl Puga: contrabaixo
Pablo Seoane: piano
Nova encarnación efémera de grupos dedicados á improvisación como a ROFCOM (Real Orquestra Fortuíta da Costa da Morte). Unha nova ocasión de escoitar hits imposibles como Dieta do pequeno Fritz ou Bagatellereparaturwerkstäte.
15:00: Rafa Fernández Trío
Rafa Fernández: guitarra
Juan Cañadas: contrabaixo
Max Gómez: batería
O guitarrista de Noia lidera un trío no que, non obstante, cada elemento ten un peso específico. Íntimos e elegantes, segundo parece.
16:30: Alberto Vilas Quintet
Rosolino Marinello: saxo
Felipe Villar: guitarra
Alberto Vilas: piano
Juansy Santomé: contrabaixo
Javier Barral: batería
Vilas é un pianista que pasou por moitos estilos. A súa música propia reflicte influencias da clásica, o tango, o folk, o rock e, claro está, o jazz. De aí que non teña problema algún en que a súa música sexa catalogada de diversas maneiras.
18:00: Ángeles Dorrio
Ángeles Dorrio: voz
Sergio Delgado: piano
Paco Dicenta: baixo
Christian Delgado: batería
Ángeles Dorrio é unha vocalista flexible, tanto nas súas colaboracións con Luar Na Lubre como no seu posto de vocalista feminina en Venueconnection. Agora debuta como solista (cantando e compoñendo) co disco “Ten Soul”: jazz, pero tamén soul, r&b, pop e folk. E co pianista cubano Sergio Delgado como arreglista e director musical.
19:30: 2M14
Pablo F. Sinde: saxo
L.A.R. Legido: batería
Dúo formado, pese ao nome, en 2003. Son dous improvisadores de longa traxectoria que, con este proxecto común, participaron en experiencias de danza, cine, poesía, pintura… ademais de improvisar ao aire libre no pico Sacro ou o río Ulla buscando a inspiración da natureza.
21:00: Alejandro Vargas Trio
Alejandro Vargas: piano
Octavio Vargas: baixo
Carlos Freire: batería
Alejandro Vargas é un pianista cubano afincado en Santiago de Compostela e premiado internacionalmente. Tras pasar polo formato de cuarteto, ensaia agora o trío.
22:30: Pablo Castaño Quartet
Pablo Castaño: saxo
Marcos Pin: guitarra
Paco Charlín: contrabaixo
Iago Fernández: batería
Pablo Castaño é un nome punteiro do jazz español. Formado en Nova York, tocou con grandes nomes da Gran Mazá e pateou algúns dos seus clubs máis prestixiosos. Estrea agora cuarteto con 3 músicos fundamentais do jazz galego.