O xoves 18 de setembro, o Instituto Cervantes de Bruxelas acolleu a presentación de Mar Maior, un novo proxecto de Editorial Galaxia que quere levar a cultura galega, a súa literatura, alén das nosas fronteiras. Ó evento, acudiron personalidades do mundo das letras como os escritores Xavier Alcalá e Xavier Queipo, a directora do Instituto Cervantes, María González Encinar, o director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, e dous representantes de librerías do mundo hispánico (Punto y Coma) e lusófono (Orfeo), activas na capital europea.
O novo selo da consagrada e histórica Editorial Galaxia, dará os seus primeiros pasos cunha selección de obras de autores relacionados con Galicia e coa nosa cultura en Arxentina e o Brasil, xa que estes foron os lugares escollidos para as primeiras actuacións de Mar Maior en América.
Pimeiros Títulos
Serán nove os títulos que formen parte do lanzamento de Mar Maior, que se presentará, de xeito simultáneo, na Casa do lector en Madrid e en Bos Aires no mes de outubro.
A oferta estrela é a colección Biblioteca de Autor de Álvaro Cunqueiro, que publicará algúns dos seus títulos en castelán: El año del cometa, Flores del año mil y pico de ave, Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca e Tertulia de boticas prodigiosas.
A narrativa galega contemporánea tamén terá representación coas novelas Circe o el placer azul, de Begoña Caamaño, Futuro imperfecto, de Xulia Alonso, e Laura en el desierto, de Antón Riveiro Coello, historias de actualidade e cun marcado carácter universal.
Unha nova versión da Historia de Galicia de Ramón Villares, pensada para lectores non galegos, e o primeiro volume dos Cuentos para las Américas de Emilia Pardo Bazán, en edición do profesor González Herrán, completan a oferta de textos clásicos.
About The Author
También te puede interesar
-
‘Antes de nós’, o filme sobre Castelao, chegará ás salas de cine o 23 de maio
-
A manifestación pola Sanidade Pública en Compostela
-
O espíritu universal que viveu na Casa da Tumbona
-
O rexeitamento a ALTRI convoca na Pobra do Caramiñal unha manifestación interxenerecional multitudinaria
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA