Mar de paraugas na Praza das Platerías no 8M compostelano
Un 8 de marzo en Santiago de Compostela con éxito de convocatoria que consiguiu reunir moitísimas persoas, a pesar dunha choiva que non cesou e que deixou unha bonita estampa da plaza ateigada de mulleres no desexo de un mundo mellor.

Ás 6 da tarde partía da Praza 8 de Marzo de Santiago de Compostela a manifestación reivindicativa dos dereitos das mulleres para unha sociedade máis xusta. A choiva acompañou todo tempo ata que se rematou na Praza das Platerías.

Este non era un día calquera, non
O día encapotado ameazaba cunha choiva aínda máis forte, e a pesares de iso, foi moita xente xuntándose para unirse no percorrido. Se unha pensa no contexto social mundial non é de estrañar o mar de paraugas que presentou a praza compostelana ao rematar a manifestación. Nuns tempos onde se tenta desafiar a evolución para retroceder ao escuro e abafar tamén o feminismo, a igualdade…Con todo, enténdese que a auga sexa un mal menor e se reactive con forza o feminismo.
Entrevista coa Presidenta da Plataforma Feminista Galega

A entrevista en audio ofrece a súa mirada do que acontece en Galicia en canto ao escenario feminista.
«8M é a mitade do planeta que non queremos renunciar aos nosos dereitos»
About The Author
También te puede interesar
-
A manifestación pola Sanidade Pública en Compostela
-
O espíritu universal que viveu na Casa da Tumbona
-
O rexeitamento a ALTRI convoca na Pobra do Caramiñal unha manifestación interxenerecional multitudinaria
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA
-
1º Maio 2024 en Santiago de Compostela