Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes, manifesta e puntualiza distintas cuestións con relación á saúde pública en resposta aos anuncios públicos da Consellería de Sanidade galega encamiñadas á lei de medidas extraordinarias para impulsar a provisión de postos de difícil cobertura. Unha lei que foi aprobada no día de onte, martes, aproveitando a maioría da que goza o PP no Parlamento, e a pesar das críticas do BNG e do PSdeG.
«Desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública, queremos denunciar o noso malestar e rexeitamento, polo anuncio da Consellaria de Sanidade, dá creación de 106 novas prazas, para cubrir postos de persoal médicx, especialmente en «lugares de difícil cobertura»:
1.- Presentan unha nova ocorrencia, como un proxecto piloto, pioneiro e inédito no Estado. A nosa administración sanitaria, cae novamente no ridículo, no seu afán de «facer crer que planifica grandes e novedosas medidas».
2.- A maior parte das «novas prazas» non son tal, xa que están cubertas por persoal provisional (no caso de Pontevedra das 40 prazas anunciadas soamente 6 son realmente de nova creación). Tampouco están en «lugares de difícil cobertura» (O Grove , Sanxenxo, etc).
3.- O método utilizado para cubrilas, lonxe de novedoso, supón utilizar o vello recurso de «adxudicalas a dedo». Esta asignación, non respecta os principios de equidade, capacidades demostrada e libre concorrencia, xa que non terán fase de oposición (sin exámen).
4.- A presentación desta medida polo Conselleiro, non respecta o feito de que as administracións públicas non deben aterse a criterios partidarios, xa que a presentaron unicamente se fixo a responsables e alcaldes do PP.
Reiteramos a necesidade de que a Xunta aplique medidas serias e planificadas (ten as conclusións do Consello Técnico de AP de Galicia…nun caixón) para afrontar os graves problemas estruturais e de falta de recurso creados pola política de recortar e abandonar a Atención Primaria, aplicadas polos gobernos do Partido Popular nos últimos 13 anos.»