O xornalista José Precedo recolleu o sábado en Pontevedra o Premio de liberdade de Prensa. Un premio que vai pola décimo segunda edición otorgado polo Colexio de Xornalistas de Galicia. Un galardón que fai honor á defensa e aos valores que teñen que estar presentes no oficio do bo xornalismo: dignidade, respeto á profesión e aos códigos deontolóxicos que teñen que rexir no oficio como ben común.
José Precedo, gañou este mérito coa testemuña no xuizo ao exfiscal xeral do estado, Álvaro García Ortiz, por atender a un xornalismo de credibilidade e responsabilidade: non desvela as súas fontes, e desminte que o exfiscal lle filtrara ningún dato. Facendo valer así, os principios de credibilidade e honestidade.
José Precedo, no discurso, fixo un percorrido pola súa traxectoria profesional lembrando a importancia das redaccións dos xornais na súa experiencia, dixo: «Dos xornalistas maiores se aprendía, eran os mestres». Engadeu que: «Todos os xornalistas nos ensinaron o que debemos facer e o que non…». Degrañou trazos das vivencias con compañeiros e campañeiras nos diferentes medios de comunicación onde ten traballado en momentos puntuais de relevancia político social como foi o caso do Prestige.
Con referencia ao exercicio do xornalismo puntualizou que moitos días desperta pensando que non é o oficio máis bonito do mundo pero si o máis necesario. Sobre todo, o momento en que se confunde a información con calquer cousa, e as mentiras son presentadas como verdades.










A decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) Belén Regueira, recibeu aos asistentes cun discurso para lembrar como naceron estes premios e como se atopan consolidados cunha lista de importantes e destacados premiados por defender a Liberdade de Prensa.
Un acto que estivo ben concurrido e foi presentado por Pablo Lago e Laura Fresneda.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibeu aos asistentes ledo de que a entrega deste premio teña lugar na cidade do Lérez, no discurso insisteu na necesidade dun xornalismo honesto e de cercanía como garante da democrácia. José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral PSdeG-PSOE, estivo tamén neste XXII Premio Xornalistas Liberdade de Prensa.

O manifesto do Día Internacional da Liberdade de Prensa correu a cargo da xornalista Belén López, quen soubo captar e poñer enriba da mesa os graves problemas que aqueixan ao xornalismo hoxe en día. Un manifesto pegado á realidade da situación do oficio. Aplaudido pola profesión e baixo o título «Conciencia e resistencia«
