
O Museo de Arte Contemporáneo inaugurou unha exposición feita por xente dos barrios de Compostela. A mostra permanecerá aberta ata o 1 de setembro. Trátase dun traballo colectivo que parte dun proxecto innovador que conta coa xente dos barrios na intención de facela párticipe dun proceso creativo. O Museo de Arte Contemporánea a través do programa Na Varanda crea un novo xeito de acercar ás xentes o proceso creativo artístico nun experimento intelectual conxunto de entendemento como elemento didáctico e pedagóxico.
A inauguración marca un éxito de público desta iniciativa como un evento social de repercusión na cidade. Nestas horas se está a celebrar no CGAC e un pode atopar moitas caras coñecidas da cidade.
