Imos de teatro?

Lucecús Teatro é o nome dunha nova compañía profesional con sede en Lugo, que esta fin de semana se presentará diante do público compostelán no Salón Teatro con ‘A órbita do lucecú’, o seu espectáculo de debut. A montaxe, para a que o grupo contou coa dirección escénica de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso (Ibuprofeno Teatro), poderá verse na sede do Centro Dramático Galego (CDG) este venres 26 e o sábado 27, ás 20.30 horas, e o domingo 28, ás 18.00 horas.

Os dous integrantes da compañía, Anxo Manoel e Rubén Pérez, xunto á directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia
Os dous integrantes da compañía, Anxo Manoel e Rubén Pérez, xunto á directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.