Historia e cine na mirada de CINEUROPA 2021

Este luns arrinca Cineuropa35 sen restricións

A actriz Verónica Forqué e os cineastas Nadav Lapid e Alberte Pagán recibirán os Premios Cineuropa

Os Totalitarismos no tempo é o tema escollido

Mostraránse 161 películas, 88 das mesmas serán gratuítas

Pasados os rigores protocolarios do ano 2020, por mor da pandemia, e onde Cineuropa fixo un exercicio de resistencia con 30 persoas de aforo, hoxe presentouse esta  nova edición que empezará o vindeiro día 8 ata o día 24 deste mes de novembro. A rolda de prensa co alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; Xuxo Couto, deputado de cultural da Coruña; a concelleira de Acción Cultural,  Mercedes Rosón e o director do Festival José Luis Losa que xestionou durante 34 anos esta actividade dos 35 anos que o Festival leva en activo. Todos eles manifestaron o contento que lles facía anunciar esta nova edición xa sin restrincións e seguir cun evento que consideran de grande importancia como pulo cultural en Compostela e agradeceron a todas e todos os que colaboran e fan posible este evento en Santiago. 

A actriz Verónica Forqué e os cineastas Nadav Lapid e Alberte Pagán recibirán os Premios Cineuropa desta edición, que retoma o Maratón e ofrecerá encontros con cineastas

O tema sobre o que xirará este evento como elemento cultural e motivador porá a mirada no nexo entre cinema e historia desembocando nos totalitarismos. Esto é o que representa o cartaz 2021 co título Totalitarismo acompañado dun corazón como o símbolo emocional que impulsa certos movementos.

Facía fincapé Mercedes Rosón neste eido: Os totalitarismos que nun tempo foron rexeitados polo mal que causaron á humanidade, e hoxe parecen que aqueles feitos son esquecidos indo en camiño de repetir os mesmos erros do pasado…En vista das situacións socio-políticas que acontecen.

José Luis Losa manifestou a importancia deste ano de Cineuropa, xa que acadou a distinción de Festival Internacional de longametraxes e que haberá un xurado internacional. Explicou que ata o de agora o festival  tiña un valor democratizador para unha cidadanía de tamaño medio como Santiago de Compostela pero a partir de agora será un festival competitivo cunha sección a concurso de 12 películas dunha liña de congruencia, aínda que con distinta calidade por ser un cine independiente, unha liña que permitirá ter máis repercusión como Festival.

O xurado estará composto por:

  • Imma Merino; profesora da Universidade de Girona, ademais de crítica de cine. Presentará a súa peza de narrativa
  • Grabriela Guillermo , directora de cinema Uruguaya, que tamén presentará a súa película na sección de latinoamérica
  • Alfonso Zarauza, premio do Cineuropa 2020

Mostraránse 161 películas, 88 das mesmas serán gratuítas

Entre os días 8 e o 24 de novembro en seis salas da cidade (Teatro Principal, Salón Teatro, NUMAX, Multicines Compostela, Museo das Peregrinacións e Sala Mozart do Auditorio de Galicia).

Os premios desta edición están á espera para a mellor película, á mellor interpretación feminina e másculina; mellor guion, mellor dirección

 

Enlace programación

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.