Festival Ortigueira (A Coruña)

Con gañas de vivir o verán, Galicia latexa en festivais. A cita importante «Ortigueira»

Os vascos Ruaille Buaille resultaron gañadores no Proyecto Runas 2013.

Santiago. 12 de xullo

O  premio será formar parte do cartel da próxima edición do certamen folk. Actuación remunerada con 2.500 euros.
Este concurso surdeu no ano 2000, ten como principal obxetivo dar a coñecer a grupos folk emergentes, tanto nacionales como internacionales. A decisión estivo nas mans dun xurado  integrado  polo  coordinador do Festival, Alberto Balboa, un productor musical, un representante da Escola de Gaitas de Ortigueira e dúas persoas elexidas ó azar entre o público asistente. A valoración basouse en distintos criterios “na calidad musical, a súa técnica e a capacidade para fusionar músicas do arco Atlántico e o talento para entusiasmar ó público asistente. Noraboa os vascos Ruaille Buaille que cumpriron as espectativas artísticas. Agora, a esperar para voltar a vibrar  o próximo xullo 2014  nunha nova edición de Ortigueira.

 

Os Cempés e grupos folk emerxentes coprotagonizan hoxe a primeira noite de concertos do Festival Ortigueira

O pequeno municipio coruñés comeza a recibir aos miles de mozos/as que seguirán chegando ata o vindeiro domingo. O certame, totalmente gratuíto, inaugurarase hoxe pola tarde ao son de gaitas galegas e bretoas e rematará o domingo 14 de xullo e terá entre as súas cabezas de cartel á mítica banda bretoa Gwendal e grupos punteiros no panorama folkie europeo como os irlandeses Kan, de Brian Finnegan, os potentes Guidewires ou a suma de poderosos talentos de Dán.

O Concello de Ortigueira, organizador deste certame declarado de interese turístico internacional, apura o despregue do operativo preciso para botar a andar o festival e, preparar o núcleo urbano de apenas dous mil veciños, para recibir, un ano máis, a decenas de miles de visitantes (a pasada edición reuniu a máis de 50.000 persoas).

Xa funciona a pleno rendemento o dispositivo de seguridade, trala chegada do medio cento dos xa habituais voluntarios de Protección Civil da provincia de Granada. Chegaron os primeiros buses especiais desde as principais cidades galegas, aínda que o groso do “desembarco” espérase para as xornadas do xoves e o venres, xornadas na que tamén Renfe activará os seus trens especiais, A empresa Arriva porá en servizo os buses urbanos entre o aparcadoiro vixiado, o núcleo urbano e a acampada do piñeiral de Morouzos. Nos esforzos para a boa marcha do Festival contemplouse o reforzamento do servizo de limpeza municipal…

O pistoletazo de saída terá lugar pasadas as 20:00 horas na Praza de Isabel II cun espectáculo inaugural de marcado ton tradicional, no que a gran protagonista será a gaita. Lideradas pola Escola de Gaitas de Ortigueira agrupacións galegas e bretonas porán a música, os integrantes da agrupación local Gamelas e Anduriñas e da Dominic Graham School of Irish Dance o baile.

No entanto, os folkies poderán gozar das actividades paralelas “permanentes”,  a feira de artesanía e as exposicións “Momentos” de Toni Rego (Casa Consistorial) e “Galicia´s dream” de Vicente Ansola, gañador do Premio Hasselblad Master 2012 (Centro de recepción de Visitantes).

A partir das 22:00 horas, cambio de tezo coas propostas mestizas dos grupos emerxentes finalistas do Proxecto Runas 2013- Boc de Baleares, a banda vasca Ruaille Buaille, a castelán leonesa Folk on Crest e a galega Guezos– que competirán en directo por facerse un oco na próxima edición do certame musical. E, a iso das dúas da madrugada, fin de festa con Os Cempés, banda galega que tras anos de parón reencontráronse neste último traballo “Tentemozo”

*Mirar o programa neste mesmo sitio»Festivais de Galicia»

Desfile bandas naciones celtas- Escola de Gaitas de Ortigueira 3-1

Desfile bandas naciones celtas- Escola de Gaitas de Ortigueira 3

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.