festivais de cine; Cans

Actualización 10/03/2016. O festival Cans, en Galicia, recibe 215 obras, un 15% máis de traballos que o pasado ano, e recuperará a súa sección de animación

Divididas por categorías recibíronse un total de 115 curtametraxes de ficción e non ficción, 14 de animación e 86 videoclips. Con respecto ao apartado de ficción, segue rexistrándose un gran volume de traballos de creadores galegos que viven e desenvolven a súa actividade profesional fóra de Galicia. Así o constatan as produción recibidas dende lugares como o Gran Bretaña, Francia, Portugal, Madrid e Barcelona.

Pantallazo-5
Foto. Noel R Queipo. Tomada en mayo de 2015

O volume de videoclips segue medrando a un ritmo imparable de producións nun amplo abano de estilos musicais que van do hip-hop á música tradicional, pasando polo pop e o rock, ata chegar ás técnicas de narración audiovisual máis diversas.

Logo desta primeira aproximación ao material recibido, vaise iniciar un proceso exhaustivo de visionado, debate e selección por parte do equipo do festival, ata elixir as obras a concurso, que se darán a coñecer a primeiros de maio.

Foto. Noel R. Queipo Álvaro Gago, Premio do xurado á mellor curtametraxe por "Curricán"
Foto. Noel R. Queipo. Álvaro Gago, Premio do xurado á mellor curtametraxe por «Curricán»

Actualizado en febreiro.  O Festival de Cans na súa aposta por unha evolución continua, reordenará este ano algúns dos seus espazos emblemáticos, como é o caso da zona do Jaliñeiro e a Sala Multiusos. Nesta área inaugurarase un novo espazo, o Jaliñeiro Arena, coa estrea absoluta dun espectáculo que parte do audiovisual e mestura danza e música en directo, coa implicación de tres mulleres de recoñecido prestixio en cadanseu ámbito: a bailarina porriñesa Janet Novás, a música Mercedes Peón e a cineasta Virginia Rota. As artistas interpretarán a súa peza co público ao seu carón dentro do “Jaliñeiro Arena”, no que promete ser un dos grandes momentos desta edición.

Janet Novás volta deste xeito ás súas orixes, o lugar onde medrou, logo dunha sólida traxectoria que a levou polos principais festivais de danza do mundo, co seu traballo persoal e formando parte de recoñecidas compañías como a de Daniel Abreu (Premio Nacional de Danza en 2014). Faino ademais acompañada por unha das nosas intérpretes máis singulares, Mercedes Peón, á procura sempre de novos camiños musicais próximos á performance. A peza que veñen presentar a Cans parte dun audiovisual previo, a curtametraxe documental «Cadencias», dirixida pola malagueña Virginia Rota e que analiza o movemento do corpo con Janet Novás como protagonista. Esta produción ten participado en diferentes certames internacionais, pero proxectarase por primeira vez en Galicia dentro do Festival de Cans, coa presenza da autora.

Xaneiro 2016. En Galicia, o Festival de Cans no Concello do Porriño (Pontevedra)  abre desde o martes 12 de xaneiro a convocatoria de inscripcións de curtametraxes e videoclips a concurso para a súa XIII edición, que está prevista que se celebre entre o 18 e o 21 de maio deste presente 2016. A convocatoria estará aberta ata o día 4 de marzo e a ela poderán concurrir curtametraxes, videoclips e calquera tipo de peza curta dirixida por realizadores ou realizadoras galegas ao longo dos anos 2015 e 2016. O premio ao gañador/a irá ata os 2.000 euros.

 Bases para participar

Javier Gutiérrez
Javier Gutiérrez

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.