Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Universidade; exposición e congreso de literatura

lunes, 20 junio 2022

9.30 horas.

Inauguración do congreso internacional ‘Quevedo en tempos de Calderón. Cabaleiros da Orde de Santiago na literatura española do Século de Ouro’

Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.- O Salón de Actos da Facultade de Filoloxía acollerá do 20 ao 23 de xuño o congreso ‘Quevedo en tempos de Calderón. Cabaleiros da Orde de Santiago na literatura española do Século de Ouro’. Os profesores Antonio Azaustre Galiana, Santiago Fernández Mosquera e a profesora Alejandra Ulla Lorenzo conforman o comité organizador deste evento que reunirá en Compostela numerosas/os especialistas do ámbito da contorna internacional. O acto contará coa presenza da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández; do decano da Facultade de Filoloxía, Elias Feijo Torres e da directora do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Belén López Meirama.

 

20.00 horas

Inauguración da exposición ‘A Universidade Pintada’

Salón Nobre (inauguración) e Claustro Alto (exposición) do Colexio de Fonseca.- Ata o 16 de setembro o Claustro Alto do Colexio de Fonseca acolle a exposición ‘A Universidade Pintada’, unha mostra da pintora compostelá Isabel Rey que leva ao lenzo e á táboa o retrato do patrimonio arquitectónico da Universidade de Santiago de Compostela. O acto de inauguración da exposición celebrarase no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, nun evento que servirá tamén para presentar o folleto ilustrado da mostra e que contará coa presenza do reitor da USC, Antonio López Díaz, e da artista responsable da mostra, Isabel Rey. 

Detalles

Fecha:
lunes, 20 junio 2022
Categorías del Evento:
, , , , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.