Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Taller de escrita creativa con Constance Hurlé

miércoles, 4 mayo 2022 - viernes, 6 mayo 2022

No marco da residencia literaria que Constance Hurlé realiza na Zona C, terá lugar un taller de escrita creativa. Esta actividade pretende incentivar a creatividade, desenvolver a imaxinación e promover o interese pola escrita e o coñecemento e bo uso da lingua.
Será os días 11, 18 e 25 de maio e 1, 8 e 15 de xuño en horario de 17.30 a 19.00h, dirixido para todos os públicos a partir dos 12 anos
O número máximo de persoas é de 30 e a data de inscripción é até venres 6 de maio.
As prazas adxudicaranse por orde de inscrición no mail constancehurle@gmail.com

Constanza Garabatos Funes (Constance Hurlé), Vigo, Pontevedra, 1990
Licenciada en filoloxía clásica pola Universidade de Santiago de Compostela e titulada no Máster en Investigación en Estudos do Teatro pola Universidade Autónoma de Barcelona. No plano teórico participa e asiste a congresos de artes escénicas de forma activa e formou parte do Congreso Internacional para Jóvenes Investigadores de Estudios del Teatro, no ano 2018. Comeza dende moi pequena facendo teatro e pasará ao longo da súa vida por diferentes disciplinas e escolas de artes escénicas e danza, destacando a Escola Integral do Creador Escénico Vladimir Tzekov en Granada e A Artística da man de Olga Cameselle. No 2014 iníciase no microteatro coa peza dramática El día después. O seu primeiro proxecto poético musical é A mazá de Rosalía (2016). Conforma un dúo poético musical con Rui Grenha, con dous concertos presentados ”bic in progre[s]” (2017) e hacialaluz (2019), a partir dos cales publicará os poemarios bicmordido (2017, Ed. Carena) e hacialaluz: poesía, sonido, imagen (2019, Ed. La Fábrica de libros), alén dun fanzine poético autoeditado. Fai literatura coma medio de expresión das emocións e crítica social. Conxuga poesía e escena navegando polos xéneros híbridos. Recentemente foi premiada coa peza Monólogo para corpo en movemento no Festival FIOT (2020) e polo seu microrrelato Manaus no concurso de relatos contra a violencia de xénero organizado polo Concello de Ribadavia, novembro de 2020. Participa en festivais de poesía como o Keruac (2018) ou o Festival Nun Local (2018) con intervencións poéticas, alén de diversos eventos como slams, recitais, jams de improvisación vocal, etc. Dirixe e interpreta a obra de teatro contemporáneo Lara Hierro (Rianxo, 2022).

Detalles

Comienza:
miércoles, 4 mayo 2022
Finaliza:
viernes, 6 mayo 2022
Categorías del Evento:
, , ,
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, A Coruña España + Google Map

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.