Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Proxección do documentario «Circo de Artesáns: o Ateneo de Galicia»

jueves, 10 noviembre 2022 a 19:30 21:00

Proxección do documentario «Circo de Artesáns: o Ateneo de Galicia». Terá lugar no Centro Internacional de Prensa de Galicia (Rúa Nova, 9), será de acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Neste documentario, elaborado pola produtora Nós TV, participaron historiadores, musicólogos e escritores. O proxecto trata de condensar a historia da sociedade coruñesa e ofrecer máis información dos capítulos esencias e descoñecidos que se viviron coa evolución da cidade da Coruña e de Galicia nos tres últimos séculos. O acto de presentación contará coa participación do Presidente do Circo de Artesáns da Coruña, Roberto Parga; o escritor e responsable de cultura, Manuel Miragaia; o Vicepresidente do Ateneo de Santiago, Francisco Candela; e o Presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, Luis Menéndez.

O Circo de Artesáns, fundado en 1847, cumpre neste ano 175 anos de vida. Con este novo traballo, ademais de celebrar o seu aniversario, buscan poñer en valor toda a historia e as lembranzas que se gardan no interior do Circo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.