Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

O Padre Feijóo e o Dereito do seu tempo. Unha visión premonitoria dos problemas actuais

lunes, 28 noviembre 2022 a 19:30 20:00

Luis Rodríguez Ennes, Catedrático emérito de Dereito Romano da Universidade de Vigo e ex-Secretario xeral da USC, para impartir unha conferencia titulada «O Padre Feijóo e o Dereito do seu tempo. Unha visión premonitoria dos problemas actuais». A charla, que terá lugar a partir das 19.30h na Rúa do Vilar, 19, será de acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro foi un intelectual cuxas obras son consideradas unha parte fundamental do pensamento crítico daquela época. Nos seus ensaios, onde avanzaba posturas que se defenderían en períodos posteriores, abordaba diversas materias como medicina, matemáticas, física, astronomía, xeografía, historia, filosofía, teoloxía, moral ou lingüística, converténdose nunha figura clave na defensa dos dereitos das mulleres ao ser autor do considerado o primeiro tratado de feminismo español.

Luis Rodríguez Ennes, Doutor en Dereito pola USC, exerceu nesta Universidade os cargos de vicedecano da Facultade de Dereito (1983-1986), secretario xeral (1986-1989) e vicepresidente do Claustro Universitario (1984-1986). Na Universidade de Vigo, exerceu como vicepresidente do Claustro Universitario Constituínte (1990-1994), asesor xurídico (1990-1993) e decano da Facultade de Dereito (1990-2000)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.