
- Este evento ha pasado.
Exposición, A Minerva Compostelá. As Súas Glorias no colexio de Fonseca
sábado, 15 octubre 2022 – domingo, 22 enero 2023
A mostra «A Minerva Compostelá. As súas glorias», é unha segunda entrega nun percorrido polo pasado da USC na efeméride significativa: 500 anos despois de que o cóengo Joaquín Auñón se recoñecera como reitor do ‘Colexio do Glorioso Apóstolo Santiago o Maior’, despois Colexio de San Xerome. Así, o Salón Artesoado acolle unha selección de retratos de reitores dende o século XVI, ademais de cadros de Valle-Inclán e Rosalía de Castro e dúas esculturas de Francisco Asorey. Pola súa banda, na Capela recóllese unha selección de pezas de artistas falecidos como Maruja Mallo ou Elena Colmeiro e a Sancristía rende tributo ao reitor Alejandro Rodríguez Cadarso.