
Día Internacional dos Museos: Museo Eugenio Granell
miércoles, 18 mayo 2022 - sábado, 21 mayo 2022

Xornada de Portas abertas: Con motivo do Día Internacional dos Museos a Fundación organiza unha xornada de portas abertas dende o mércores 18 ata o sábado 21. Poderase visitar o museo gratuitamente no horario habitual.
Xoves 19
Maratón de Lectura: José Rubia Barcia
*****De 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h.
A Fundación Eugenio Granell dedica o Maratón de Lectura a José Rubia Barcia, seguindo así coa traxectoria dos maratóns dedicados a escritores exiliados amigos de Granell que foron moitos, entre outros, Ayala, Serrano Poncela, Castroviejo, etc. O ano pasado homenaxeamos a Francisco García Lorca, irmá de Federico (con quen comezamos os Maratóns de Lectura no ano 1998), e amigo de Granell en EEUU. E contamos coa colaboración da Fundación Federico García Lorca.
O libro de lectura deste maratón será Umbral de sueños, no que, os textos de Rubia Barcia están ilustrados cos debuxos de Eugenio Granell aos que Luis Buñuel calificou de “excelentes”.
Venres 20
11h00 Visita conservada. Outra forma de ver.
Para todos os públicos. Venres 20 de 11.00-12:00 h Prazas limitadas- 8 persoas- entrada gratuíta.
Un ano máis, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos expomos un percorrido guiado a través dos ollos dun conservador-restaurador. Dentro dun ambiente de debate visitaremos os espazos do museo públicos, privados e o seu diverso Patrimonio. Mostraranse os distintos traballos relacionados coa conservación, restauración, investigación e difusión das coleccións.
Previa inscrición: restauracion@fundacion-granell.org