
- Este evento ha pasado.
Amnistía Internacional organiza unha xira pola nosa comunidade cos activistas guatemaltecos Lucía Ixchíu e Carlos Ernesto Cano
viernes, 6 mayo 2022 - jueves, 12 mayo 2022

Os grupos locais de Amnistía Internacional de Santiago, Vigo, Ourense, A Coruña e Barbanza acollen a xira dos activistas internacionais de orixe gutemalteco Lucía Ixchíu e Carlos Ernesto Cano, que terá lugar entre os días 6 e 12 deste mes de maio. Na súa viaxe a o longo da nosa comunidade, farán 9 paradas para conversar con diversos colectivos nun debate aberto en torno ao «Contexto sobre a situación dos Dereitos Humanos en Guatemala e Centroamética. A situación das mulleres».
Lucía Ixchíu, indíxena K’iche nacida en Guatemala, é unha recoñecida feminista, arquitecta e deseñadora. Defensora do territorio e dos Dereitos Humanos, artista, cantora, xestora cultural e xornalista comunitaria, esta polifacética muller leva anos percorrendo o mundo para dar a coñecer a realidade do seu país.
Pola súa banda, Carlos Ernesto Cano é un comunicador guatemalteco de orixe mestiza de 37 anos. Fotoxornalista da Federación Guatemalteca de Escolas Radiofónicas (FGER) e voceiro do colectivo Festivais Solidarios, a través do cal exerce a súa labor de defensa dos Dereitos Humanos.