
- Este evento ha pasado.
A Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando polo Dano Cerebral
domingo, 19 junio 2022

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañada polo presidente da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), Luciano Fernández, presentou esta mañá esta carreira solidaria que se celebrará o domingo 19 de xuño e transcorrerá pola Alameda e o Campus Sur de Santiago. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 16 de xuño nas modalidades de carreira ou de andaina, ambas de 5 quilómetros.
Camiñando Polo Dano Cerebral’ por Compostela
A cita deportiva, que ofrece a posibilidade de participar correndo ou camiñando, consiste nun circuíto que vai percorrer sendeiros e rúas da Alameda e do Campus Sur compostelán. O percorrido exacto, así como as demais condicións e normas de participación, pódese consultar no regulamento da carreira. Esta comeza ás 10:00 no punto de saída e meta: o monumento a Manuel Ventura Figueroa (avenida Antonio Raimundo Ibáñez, Campus Sur).
A inscrición está aberta en www.carreirasgalegas.org ata o xoves 16 de xuño ás 23:59 h nas seguintes modalidades