Hoxe, vernes 4 de novembro, as 17,30h no edificio CERSIA terá lugar a entrega de premios do 4º Concurso de Fotografías pola Igualdade, organizado pola Federación de ANPAS COMPOSTELA, actividade dirixida ao alumnado de centros públicos de educación infantil, primaria e secundaria. Con ela pretendíase fomentar a mirada crítica do estudantado participante, recollendo -a través da súa obra- a visión da vida cotiá dende a perspectiva da igualdade, pero tamén da desigualdade que nos rodea. Ao acto está previsto que asista o concelleiro de educación de Santiago, Rubén Prol e membros da corporación municipal.
Nesta xornada farase entrega dos premios das distintas categorías previstas: alumnado de educación infantil e primaria, alumnado de ESO, de bacharelato e familias. Tamén haberá a oportunidade de escoitar os contos tradicionais de Celso F. Sanmartín.
Nesta edición participou alumnado de mais de vinte centros, principalmente de Santiago e comarca. Esta entrega non é o punto final do concurso, xa que está previsto organizar unha exposición coas fotografías presentadas. Esperase que esta sirva de estímulo para continuar reflexionando sobre a igualdade/desigualdade na que vivimos, e avanzar nesta tarefa común que é acadar a igualdade real na nosa sociedade.
About The Author
También te puede interesar
-
Concentración de solidaridade coas familias das vitimas de violencia de xenero
-
8M 2025 en Santiago de Compostela
-
1º Maio 2024 en Santiago de Compostela
-
Goretti Sanmartín será a primeira muller alcaldesa da capital de Galicia. A nova corporación de goberno de Santiago botará a andar o 18 de xuño.
-
O Colexio de Xornalistas solidarízase co persoal do Diario de Pontevedra