A carta do obispo de Gran Canaria ofende ás Vítimas de Spanair
Reinona e blasfemo son os calificativos que lle merecen o gañador do Carnaval ao destacado membro da igresa católica
O polémico entroido de Gran Canarias trae á actualidade o enfado dalgún membro da igrexa católica por ver de xeito patente como a sociedade vai collendo distancia dunha institución anclada no pasado. Desta volta, a voz que protagoniza o asunto é a de Francisco Cases, Obispo de Canarias, que acusa ao drag queen, Borja Casillas, Drag Sethlas, gañador nesta edición do carnaval das Palmas de Gran Canaria de “blasfemo” polo disfraz e representación transgresora da virxe.
O obispo nunha carta pública sinala que este gañador levou a cabo unha “blasfemia” que lle entristece máis que o accidente de Spanair.
FOTO: El Diario de las Palmas. Pilar Vera, presidenta das vítimas de Spanair
Tal manifestación de Francisco Cases atopou deseguido resposta na Asociación das Víctimas deste tráxico accidente de aviación que tivo lugar no ano 2008 e onde morreron 154 persoas. Estas declaracións foron consideradas unha ofensa, ademais dunha falta de respeto. Pilar Vera, presidenta da Asociación fai público un comunicado onde expresa o malestar e a opinión en relación ao tema.
Por outra banda, o alcalde das Palmas de Gran Canarias, Augusto Hidalgo (PSOE) indicou que esta festa é transgresión e liberdade. E que a cidade representa deste xeito a tolerancia
Desde primeros de abril el área Sanitaria de Santiago de Compostela y Barbanza citan diariamente en torno a 6000 u 7000 personas en la Ciudad de la Cultura para proceder…
Una marea humana recorrió las calles compostelanas manifestando su solidaridad con Cataluña y su derecho a decidir. El casco antiguo de la ciudad del apóstol reunió a multitud de personas;…
Sábado, 10 de febreiro ***Data de inicio do Entroido. Fai clic sobre a túa preferencia: Fotos & vídeo Venres, 9 de febreiro *** A Xunta de Goberno local aproba o…