El Ingreso Mínimo Vital

O vindeiro martes 16 de xuño  abriranse  dous puntos de información para as persoas que necesiten asesoramento na xestión do Ingreso Mínimo Vital.

O Mercado de Abastos e  Área Central habilitaranse coa finalidade de facilitar información aos cidadáns; con 4 persoas con coñecementos  das medidas aprobadas polo goberno e dos requisitos necesarios para obter o Ingreso Mínimo Vital.  Nestes intres, xa están formalizadas 620 citas, a razón de 40 por día, para as vindeiras semanas.

Dende o Concello indican que durante a crise do COVID 19 atendeuse, a través do tícket especial compra, a 1.550 familias, das que 135 se deron de baixa, «ben porque se lles pagaron os ERTE ou ben porque recuperaron o emprego».

Imaxe de arquivo do Concello. Xosé Sánchez Bugallo

O alcalde de Santiago, X. Sánchez Bugallo, sinala que este programa «está chegando ao seu fin», o que «nos obrigará ao longo do mes de xullo a buscar outras solucións alternativas».  Na actualidade hai, segundo os datos do Concello  1.415 familias que seguen  acollidas a este programa de emerxencia. Neste sentido, referiuse Xosé Bugallo a dúas medidas postas en marcha por outras administracións: a central, coa apertura o 15 de xuño da presentación de solicitudes do Ingreso Mínimo Vital, e a autonómica, «cunha tarxeta monedeiro de transición durante tres meses»

O simulador posto na web do Concello de Santiago sobre o Ingreso Mínimo Vital, indicou que recibiu 34.000 visitas, se ben só 1.846 de Santiago.  A maioría das consultas, se  precisou, «procedían de cidades como A Coruña, Vigo, Madrid, Sevilla, Barcelona…e mesmo doutros países».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.