Día Mundial da Síndrome de Down 2022 e os IX Premios Compostela

21 de marzo. Actualización. Coa lectura do Manifesto do Movemento Down, hoxe Día Mundial da Síndrome de Down, un día reivindicativo cara á validez das persoas que teñen esta característica e que queren aprender e participar nas mesmas aulas que os seus compañeiros e compañeiras, vivir nunha sociedade xusta, baseada no respecto á diversidade e na inclusión de todas e todos e ser persoas autónomas e independentes, entre outras reivindicacións.
A celebración deste día levouse a cabo no Hostal dos Reis Católicos. Unha data que tamén conmemora a Fundación Down Compostela, que se atopa nos seus 25 anos aniversario.

 

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2022. A Capela Real do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 21 de marzo, a partir das 20:30 horas, os actos conmemorativos do Día Mundial da Síndrome de Down. Nesta ocasión, o acto organizado de forma conxunta pola Fundación Down Compostela e a Federación Down Galicia, ten como principal obxectivo o agradecemento á sociedade pola súa implicación desinteresada na inclusión das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Neste día, no que tamén se conmemorará o 25 aniversario da Fundación Down Compostela e se entregarán os IX Premios Down Compostela, as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais volverán ser as protagonistas da gala, xa que serán as encargadas de conducir o acto, ler o Manifesto do Día Mundial da Síndrome de Down e entregar os mencionados Premios da Fundación.

Premios Down Compostela

A Fundación Down Compostela acordou nesta ocasión recoñecer o traballo que veñen realizando a doutora María José Fernández Seara, o artista Xurxo Martiño e a empresa Emetel concedéndolles os Premios Down Compostela 2022 pola súa implicación na mellora da saúde das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades, por promover a expresión artística das persoas con trisomía 21 e por favorecer a súa inclusión laboral no campo das novas tecnoloxías.
A entrega destes galardóns, que xa foron notificados no ano 2020, quedou suspendida ata o momento actual por mor da situación de crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19.

Emetel
Xurxo Martiño

 

 

 

 

 

 

Iluminación dos principais monumentos de Galicia

Os principais monumentos das sete grandes cidades de Galicia conmemorarán o luns o Día Mundial da síndrome de Down. A Cidade da Cultura, a fonte de Catro Camiños, as catedrais de Santiago de Compostela e Lugo, a Ponte Romana de Ourense, o Teatro Jofre de Ferrol, a Deputación de Pontevedra ou os concellos de Santiago de Compostela e Pontevedra, entre outros, serán iluminados de azul e amarelo na tarde-noite deste luns 21 de marzo.
Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración do 21 de marzo como Día Mundial da síndrome de Down. Establécese esta data, o 21 de marzo [21/03] como un símbolo, en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.