Os Premios do Audivisual galego pechou a edición XVI cunha xuntanza de gala para celebrar os premios que a Academia Galega do Audiovisual ten establecido para esta gran ocasión; a gran festa «Os Mestre Mateo»
Unha Gala dos Premios Mestre Mateo 2018 nun sábado moi frío que principiou este mes de marzo. O Pazo da Ópera da Coruña foi o lugar escollido para acoller esta celebración importante en toda Galicia. Ateigado de xentes do audiovisual, acompañantes e invitados, o interior do edificio era un bulir de persoas, ofrecía unha vista interesante de estilismos e estilos para este acontecer social. Os Mestre Mateo naceron para premiar o bo facer na industria do audiovisual, e xa vamos pola XVI edición, e verdadeiramente os creadores galegos búscanse ben a vida, pois estas producións preséntanse en certámenes de fóra da terra con grande éxito.
Tamén se deixaron ver entre o público moitos dos políticos galegos como Gonzalo Caballero do PSG ou Miguel A. Fernández Bello deputado por en Marea, Manuel Lago político tamén de en Marea, e mesmo Ana Pontón do BNG. Unha festa que transcorreu con anécdotas para a historia do eido audivisual, ademais das previstas reivindicacións, a prioritaria deste ano: unha chamada á visibilidade da muller; máis presenza nos espacios de decisión para conformar unha sociedade de igualdade, cunha mirada máis democrática contando con ese máis do 50% que suman as mulleres. O evento rematou às dúas da madrugada recollendo uns novos gañadores das ansiadas estatuíñas Mestre Mateo 2018
Parabéns aos novos e merecidos galardoados!!!
Maís fotos premendo aquí
A película Dhogs resultou ser a gran revlación da noite con 13 Premios Mestre Mateo. Andrés Goteira con esta súa primeira película levou os premios ao mejor longametraxe, mellor guion, mellor dirección e montaxe, este último compartido con Juan Galiñanes. Os galardóns para os papeis protagonistas foron para Melania Cruz e Iván Marcos. María Costas e Antonio Durán «Morris» acadaron o galardón de interpretación de reparto. Suso López gañou o premio á dirección de produción. Tamén foi premiada a labor de Lucía Catoira Pan pola dirección de fotografía, ao tempo que Germán Díaz se alzaría co galardón á mellor música orixinal. Na dirección arte destacouse a Noelia VIlaboa e o premio de son recaeu en David Machado e Javier Pato
También te puede interesar
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA
-
8M 2025 en Santiago de Compostela
-
Goretti Sanmartín será a primeira muller alcaldesa da capital de Galicia. A nova corporación de goberno de Santiago botará a andar o 18 de xuño.
-
Lo que no pensé que sería
-
Ay señor, señor…Tamames