Desencontro entre a FANPA e o concelleiro de educación que non se comunica

 

Esta semana o departamento de educación do Concello de Santiago vén de publicar, o mércores 23, o programa de conciliación para centos de rapaces de familias Compostelás. Pero non hai que esquecer que previamente a FANPA fixo públicas e remiteu aos medios de comunicación dúas queixas sobre o concelleiro Rubén Prol Mariño Varela. Concelleiro responsable de Educación, Juventud e Políticas Lingüísticas. O malestar viña provocado pola falta de previsión da programación de conciliación,  posto que estas actividades son importante para que as familias organizen os tempos e concilien neses momentos do ano que son complicados cando hai nenos en vacacións e as nais e pais seguen con horarios de traballo.  Pero esta falta de dar a programación a tempo, parece que non se dá como un feito aillado nestas vacacións de nadal, senon que xa é un xeito de proceder do concelleiro, segundo as afirmacións da FANPA.  O enfado do colectivo pasou a indignación cando despois de varios intentos de comunicar co concelleiro, non houbo resposta de ningún tipo.  Rúas magazine tamén tentou falar co concelleiro, Rubén Prol Mariño Varela, antes desta publicación para ter unha boa información das dúas partes, e non respondeu, despois da mensase deixado no departamento do que é titular no Concello de Compostela.

*****Estes foron os comunicados que nos enviaron dende FANPA e que firma Esther Martínez Piñeiro, Presidenta da FANPA COMPOSTELA

21 de novembro de 2022 –  LOTERIA DE NADAL: TEREMOS CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN?

A FANPA Compostela lamenta unha vez máis que a un mes das vacacións de Nadal, as familias compostelás descoñezan cal será o plan de conciliación nos centros escolares: en cales, en que condicións e se as prazas chegarán para todas as que o precisen ou será unha lotería, porque a estas alturas nada concreto sabemos desde programa.

 

Estamos ante unha administración pública cuxas actuacións en materia de educación parecen suxeitas ao vaivén dunha rolda de prensa, ou dunha decisión apresurada; máis froito da espontaneidade que dunha planificación seria e meditada como sería de agardar. Non nos fartaremos desde a FANPA Compostela, en nome das familias que representamos, de demandar un plan de conciliación estable para os períodos non lectivos no concello de Santiago, como existe en moitos outros concellos galegos, un plan coñecido de antemán, á altura da demanda da cidadanía en canto a ubicación, horario, contido, servizos, número de prazas e condicións económicas.

 

As familias compostelás vense constantemente no problema de como xestionar os períodos non lectivos, e neste contexto sempre incerto, teñen que acudir á oferta privada, cara, incompleta e pouco adaptada á contorna das nenas e nenos, pola simple razón de que a administración municipal non sabe, non quere, ou non é quen de elaborar un programa completo, diversificado e claramente publicado a principio de cada curso, que introduza na vida ordinaria das familias o elemento de seguranza e estabilidade que levamos anos reclamando, tamén a este concelleiro que nos tocou en gracia.

 

17 de novembro– ONDE VAI A EDUCACIÓN DO CONCELLEIRO?

 A FANPA COMPOSTELA, entidade que representa ás familias do Ensino Público compostelán, está profundamente decepcionada e molesta pola actitude do responsable do departamento de educación  do concello de Santiago. Á súa incompetencia e inacción súmasela súa total falta de respecto institucional.

Como xa denunciamos noutras ocasión, todo o que se refire a ese departamento é, dende o nomeamento do actual con17 de novembrocelleiro, unha desfeita organizativa e unha absoluta ausencia de proxecto educativo para esta cidade. Ao caos de final de curso pola falta de planificación do programa de conciliación de verán, uniuse en xullo a nova licitación do servizo de comedor, que rematará coa mesma empresa  levando o servizo e, agora, sen ningún tipo de control por parte da cidadanía.

Agora, a pouco máis dun mes para as vacacións de Nadal, de novo non sabemos nada do posible programa de conciliación. A esta falta de información, que vén practicando desde hai tempo, temos que sumarlle o total desprezo do concelleiro ás representantes das familias. Van meses aló reclamando constantemente manter o contacto, e  non contestou a unha soa mensaxe da  presidencia desta Federación. Tampouco a ningunha das súas chamadas telefónicas,  nin aos avisos deixados ao persoal do seu departamento. 

Estamos diante dunha absoluta falta de respecto institucional, e un claro desleixo á representación formal que ostenta esta Federación.

Un representante político débese á cidadanía, comparta ou non con ela propostas, ideas ou puntos de vista. Negarse a falar con esta federación é negarlle  a palabra ás familias compostelás  que representa, o que non o fai digno do cargo que ocupa.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.