Noraboa ao mago galego Dani García, seleccionado para participar no Campionato Mundial de Maxia Rúa
A competición terá lugar do 2 ao 5 de xuño en Turín (Italia). Dani García foi escollido para participar neste certame organizado polo Master of Magic World Convention e.participará co seu espectáculo Don Gelati, un espectáculo de maxia e humor no que conta con Fran Rei como asesor cómico.
Esta selección chega xusto despois da estrea do seu novo espectáculo: O Museo Encantado