Dakidarría publica o seu novo disco Colaxe

Val Miñor, febreiro de 2022. Dakidarría publica ‘Colaxe’, o seu novo disco. Un total de 10 temas cos que a banda fai unha homenaxe á súa carreira, así como a todas aquelas diferentes subculturas e estilos musicais dos que foron bebendo durante os seus 18 anos de historia. Colaxe é o sexto disco de estudio de Dakidarría onde o grupo percorre as diversas influencias musicais que o fixeron medrar e chegar ata o presente nun estado de forma envexable case dúas décadas de carreira. Un disco nacido do parón obrigatorio pola pandemia, composto a distancia e totalmente autoproducido. Cada estilo musical que estivo presente nas súa traxectoria convértese nunha peza desta colaxe que é Dakidarría, un grupo inclasificable que fixo da mestura estilística a súa bandeira; ó mesmo tempo que transmite unha mensaxe de humildade, rebeldía, alegría e compromiso social.

Colaxe conta con numerosas colaboracións de bandas e músicos como Boikot, Evaristo (La Polla Records), Inadaptats, High Paw, Xavi Solano (Esne Beltza), En Tol Sarmiento, Menina Arroutada e algunhas máis… pero destaca especialmente neste senso a canción “Pobo de Artistas” onde a banda, en coautoría con Tanxugueiras e O Rabelo, pon en valor a escena musical galega actual cantando xunto a case 100 grupos e artistas do país.

Tras unha ampliación de formación ultiman os detalles da xira “Colaxe” que lles levará, por fin, a reatoparse co seu público no formato eléctrico habitual tras dous anos facéndoo en acústico debido ás circunstancias sanitarias.

Nova formación con caras que darán máis fluidez e dinamismo 

Ximo Tomàs «Maki» – Batería
Antón «Torroncho» – Baixo
Gabri Reigosa – Guitarra e voz
Iñaki – Guitarra
Paula – Trombón 
Juaki – Trompeta
Anxo – Saxo e voz
Pol – Voz e programacións
Ruan – Teclado

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.