Conmemoración no centenario da actriz María Casares

Exposición retrospectiva sobre a actriz que acolle Kiosko Alfonso até o vindeiro 24 de xullo

Roteiros para lembrar á coruñesa  o 18 de xuño e o 2 de xullo ás 12 da mañá

Este ano celebrase o centenario de María Casares, unha data que lembra a unha actriz de repercusión europea e quere facer páticipes a todas e todos percorrendo a súa Coruña natal seguindo os seus pasos. Apoiando o obxetivo de dinamización da exposición retrospectiva sobre a actriz que acolle Kiosko Alfonso até o vindeiro 24 de xullo.

O roteiro disporá de dúas convocatorias, celebrándose a primeira delas este sábado, 18 de xuño. A ruta urbana, que transitará por espazos de especial significado nos primeiros anos de María Casares, estará guiado polo historiador Emilio Grandío e a investigadora María Lopo e contará coa participación do actor Gonzalo Uriarte, quen se encargará de ler diferentes cartas que Santiago Casares Quiroga escribiu á súa filla, María Casares. Pola súa banda, Matilde Blanco poralle voz á propia Casares ao ler fragmentos das súas memorias Residente Privilexiada. O punto de saída será a Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panaderas, 12) ás 12.00 h. A segunda convocatoria será o sábado 2 de xullo.

Cada un dos roteiros, que ten unha duración aproximada de dúas horas, conta cun total de 30 prazas e para acudir como público, cómpre a inscrición previa a través do formulario que se habilitará dende mañá a partir das 10.00 h. na páxina web da AAAG: www.aaag.gal. A reserva de praza será por estrito orde de inscrición e cada inscrición será individual.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.