Concentración de solidaridade coas familias das vitimas de violencia de xenero

A Plataforma Feminista Galega convoca concentración o luns 9 de xuño ás 20 h. na Praza 8 de Marzo de Santiago de Compostela.

Unha mostra de repulsa polo repunte da violencia que esta tendo lugar nos últimos meses, e onde a nosa comunidade autónoma destaca nesta violencia machista

O asasinato de Marisol en Campo Lameiro (Pontevedra), volve a producir dor e frustración, por iso dende a Plataforma Feminista Galega convoca este acto de solidaridade cara ás familias das vitimas e pide aos poderes públicos reforcen as medidas de protección daquelas vítimas que se atopen no sistema “VioGén”.

Dende a Plataforma Feminista Galega fannos reconto da  traxedia:

O pasado 20 de maio unha muller precipitouse dende un cuarto andar no Barco de Valdeorras, ficando gravemente ferida, sendo despois detido a súa parella, acusado dun delito de homicidio ou asasinato en grao de tentativa.

Un día despois, un home presuntamente plantou lume na casa da súa ex-parella en Tomiño; a muller estaba na vivenda pero non sufriu danos. 

O domingo 25 de maio, unha muller foi tiroteada tamén pola súa ex-parella en Verín.

A fin de semana pasada tres menores foron detidos acusados de ter practicado unha violación grupal a unha menor nas festas de Fragoselo, en Coruxo (Vigo).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.