O Museo de Historia Natural da Universidade Compostelana (USC) exhibe ata o mes de maio a colección mineralóxica Joaquín Pardo, resultado de máis de 50 anos de traballo en covas, entulleiras e minas, ademais de intercambios, doazóns e compras. A mostra inclúe a reprodución dunha mina que os visitantes poden percorrer e así, descubrir nas súas paredes os minerais da colección.
A colección de Joaquín Pardo, que a primeiros de ano doou ao Museo da USC, conta con máis de 5.500 pezas procedentes de xacementos de todo o mundo; minerais clásicos, activos, esgotados, singulares e ocasionais obtidos por recolección directa, por intercambio, por compra ou por doazón.
A exposición posúe un destacado valor científico e cultural, xa que ademais de conter representación de practicamente a totalidade das clases mineralóxicas, todos os exemplares están documentados axeitadamente. “Sen dúbida –dixo o reitor na inauguración–, falamos dunha colección que vai enriquecer sensiblemente o patrimonio do Museo de Historia Natural, abrindo novas portas á capacidade científica, didáctica e cultural da nosa universidade”.
A exposición ‘A colección mineralóxica Joaquín Pardo no Museo de Historia Natural da USC’ permanecerá aberta ata maio no horario do museo (de martes a sábado de 10.00 a 14.00 e pola tarde, de 16.30 a 20.00 horas. Os domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas).
También te puede interesar
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA
-
8M 2025 en Santiago de Compostela
-
Goretti Sanmartín será a primeira muller alcaldesa da capital de Galicia. A nova corporación de goberno de Santiago botará a andar o 18 de xuño.
-
Lo que no pensé que sería
-
Ay señor, señor…Tamames