Celebrar os XXV anos do Xacobeo e do Camiño como Patrimonio Mundial

O pasado sábado 20 de outubro, tiven o pracer de asistir  a unha andaina  á que me convidou a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA).  Esta proposta parte dun programa  As Camiñadas  que están a desenvolverse e que teñen como obxectivo pór  en valor os XXV anos do Xacobeo e do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial.  Desta volta, a protagonista era Lugo e as dúas vías do camiño de Santiago que atravesan a cidade. A Camiñada titulábase Entre pontes. Transcurreu nun traxecto urbano  con saída da Ponte da Chanca  (Río Rato) para rematar na Ponte Romana  no Río Miño. 

Ás 10,30  da mañá arrincaba unha marcha cun nutrido grupo de persoas que colaboraron na iniciativa para a participación: Asociación de xornalistas de Lugo, seu presidente Benigno Lázare e a Asociación de Amigos do Camiño de Lugo, que preside Ángel Trabada,  ambas agrupacións camiñaron conxuntas coa Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño, que preside Xosé María García Palmeiro. Tamén se encontraba no grupo a Alcaldesa de Lugo, o exalcalde de Portomarín e representantes doutras formacións políticas no Concello.

Despois dunha foto de grupo para a posteridade coa alcadesa, Lara Méndez, concelleiros de diferentes grupos e o exalcalde de Portomarín, Eloy Rodríguez. Este último reivindicou o valor do Camiño de Santiago manifestándose como un dos primeiros defensores e recordou a Elías Valiña, cura do Cebreiro, que marcou o amarelo como cor distintivo do camiño. Tamén fixo mención a Vázquez Portomeñe, sinalándoo creador do Xacobeo. 

Como acto simbólico  Eloy Rodríguez entregou á Lara Méndez o bastón de peregrinaxe  co que por dúas veces o exalcalde de Portomarín fixo o Camiño. Deste xeito, saímos cara o centro de Lugo acompañados polos  arquitectos, Alberto González e Jorge Salvador, que explicaron,  ao grupo, o proxecto de investigación que están a levar a cabo en base ao paisaxismo urbano. Indicou Alberte, a mala señalización do camiño e as diferencias tan marcadas entre o rural e o urbano.  A alcadesa fixo todo o percorrido con nós e dou a coñecer os plans que están a ser elaborados e outros que teñen aínda que ser reaxustados para mellorar a ruta do camiño que atravesa o casco da cidade cara o vindeiro Xacobeo. Pois indicou, que os presupostos  xa os teñen concedidos.

Para darlle formalidade ao acto houbo unha recepción no Concello, e  xa fóra,  enriba da Muralla identificativa da cidade de Lugo, xa como último tramo desta andaina, Lara Méndez entregóuselle a Luís Celeiro Álvarez o bastón de peregrino, pola súa laboura, esforzo e o agarimo co que traballou polo recoñecemento do camiño.  O xornalista Luís Celeiro, na actualidade, é director de comunicación da Universidade Compostelá, pero hai 25 anos,  era xefe do gabinete do conselleiro Vázquez Portomeñe e un dos  lmpulsores e promotores do plan do Xacobeo 93, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia.

Luís Celeiro Àlvarez dende aquela ata hoxe  segue a ter compromiso co Camiño de  Santiago e ten presente a importancia  e a incidencia a nivel internacional.

Rematamos a  xuntanza  arredor duns callos e churrasco sustanciado pola boa conversa. Mellor imposible!!!

Galería fotos   

 Vídeo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.