Cousas do aquí e do agora. Cuestións básicas do futuro na era tecnolóxica
«Axustes do Século XXI» é o nome dunha serie de entrevistas que pon en marcha Rúas magazine, e que vén a poñer enriba da mesa algunhas das cuestións que merecen ser atendidas e significadas cara o presente como obxetivo de futuro: dixitalización nas franxas de idade máis avanzada, as consecuencias derivadas da revolución tecnolóxica no medio rural e urbano
A primeira parte do século XXI se nos presenta convulsa, con sucesivos aconteceres que nos sacude como unha rama de árbore novo ao vento. Tempos onde a actualidade é rebasada polos egos, os desequilibrios sociais, a pandemia e agora a guerra en Ucrania. Fóra da axenda van quedando cousas fundamentais do día ao día, mencionada na fugacidade para quedar esquinadas e xa non cunde voltar a miralas. Sen embargo, temos que ter un plantexamento claro do significado do novo contexto social e do que implica estes procesos e cambios nunha sociedade que pasou do analóxico ao dixital nun soplo de vela, como diría meu avó.
Xa case que nada é igual que no ano 2000, aínda que nos resistamos, por iso non podemos distraernos co rebumbio. É preciso coñecer as necesidades e enfiar solucións cara ao presente que xa é futuro. A revolución tecnolóxica chegou invadindo as nosas vidas, mudando case que todos os aspectos de desenvolvemento laboral e social sostido principalmente no eido económico.
A relación entre as persoas lóxicamente non é allea a todo este cambio visibilizando uns comportamentos individualizados con moitas ramificacións que xa pertencen ao campo do estudo científico. A nova era entendida como a revolución tecnolóxica tiña como mérito o afán democratizador da cultura e do coñecemento. Pero precisa duns axustes para o encaixe nunha sociedade que hai que alfabetizar dixitalmente e que necesita duns tempos para chegar a un equilibrio no interés de todas e todos