A primeira entrevista de Axustes do Século XXI tivo lugar no Concello de Vedra. Alí entrevistamos ao seu alcalde, Carlos Martínez Carrillo, avogado de profesión e co bastón de mando dende o ano 2011 polo Partido Popular.
Vedra situada ao sur de A Coruña, conta con 5038 habitantes nunha extensión de 52,78 km²; é chamada a horta de Santiago de Compostela polo fértir que é a súa terra. Limítrofe con Santiago de Compostela ao igual que outros pequenos concellos onde as súas xentes fan moita vida, no día a día, no núcleo urbano da cidade do apóstolo.
Con Carlos Martínez Carrillo falamos da dixitalización nas franxas de idade máis avanzada, as consecuencias derivadas da revolución tecnolóxica no medio rural e urbano...