Axenda Santiago

LUNS 5 DE OUTUBRO USC

*Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, 9.30 horas.

Inauguración do Foro ‘Territorios que lideran: o futuro que comeza no local’   Programa

Durante dúas xornadas, a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais converterase nun espazo de diálogo entre especialistas no estudo dos gobernos e das políticas públicas e persoas que desenvolven diariamente responsabilidades de goberno e xestión nas administracións locais. O Foro abordará cuestións como a innovación e a democracia local, as mulleres e o poder político, o financiamento, o territorio e a gobernanza, ademais de abrir unha reflexión colectiva sobre o futuro do municipalismo en Galicia.

        *IDEGA. Salón de Actos ás 11.00 horas

Presentación da Cátedra ‘EU ASTER: Active Subsidiarity for Territorial Equity and Regions’

LUNS 5 DE OUTUBRO no Ateneo de Santiago

Álvaro García Ortiz é licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid e incorporouse á Fiscalía en 1998. Tras exercer en Maó, trasladouse en 2002 á Fiscalía da Área de Santiago e posteriormente especializouse en medio ambiente no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, asumindo en 2005 a acusación pública no caso Prestige. Foi membro do Consello Fiscal e fiscal xefe da Secretaría Técnica da Fiscalía Xeral do Estado, ademais de formar parte da dirección de Magistrats Européens pour la Démocratie et les Libertés.

**/*(A sesión poderá seguirse tamén en directo por streaming a través da páxina web do Ateneo de Santiago e da súa canle de YouTube).

Rúa do Vilar, 19– às 19.30 horas

Conferencia «A transformación da xustiza», impartida por Álvaro García Ortiz, exfiscal xeral do Estado A conferencia achegarase aos cambios e retos que atravesa actualmente a Administración de Xustiza, nun contexto marcado pola súa transformación e adaptación ás novas realidades sociais. García Ortiz abordará esta cuestión dende a súa experiencia profesional na carreira fiscal, á que estivo vinculado durante máis de dúas décadas antes de asumir a Fiscalía Xeral do Estado en 2022, cargo que ocupou ata novembro de 2025.

Na Sala de Exposicións Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas

 Facer aparecer. Ensaios colectivos dun nosoutras, unha mostra comisariada por María Bella que propón un percorrido sensible e íntimo por tres procesos de creación artística que se propoñen dende unha pulsión colectiva: Crías, de Xiana do Teixeiro; O canto das Cecilias, de Cecilia Barriga; e Puta Mina, do LAAV_ (Laboratorio de Antropoloxía Audiovisual Experimental) e o Colectivo Puta Mina. Acceso libre de luns a domingo (naqueles días nos que o Auditorio acolle outros eventos, o acceso á sala pecha ás 19 horas).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.